UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

31 mar 2020

PROPOSTAS PARA O TEMA DO CURSO QUE BEN



Ola nenos e nenas:
Como xa sabedes todos os anos propoñemos un tema para traballar durante todo o curso. Fomos pintores, viaxamos, xogamos un montón...e este curso somos  "GUARDIÁS DO PLANETA".
Quería que me axudárades a elexir un  tema para o curso que ven, polo que espero as vosas propostas.O meu correo é bibliotecariomaior@gmail.com
BULI.

- GABRIELA  de 4º propón o tema que sexamos científicos para investigar e evitar estas pandemias.
-HUGO de 4º propón o tema de protectores de animais.
-DANIEL DE 2º propón ser escritores para poder escribir cartas e contos que en este tempo de estar na cas axudan moito.

ACTIVIDADES ED. FÍSICA 31/03/2020

Martes 31

Estiramentos:
Hoxe propóñovos algún estiramento para ganar movilidade e flexibilidade, que despois de tantos días encerrados na casa tamén é necesario. Podedes ir seguindo as instrucións que vos da o vídeo. Espero que vos axude.


30 mar 2020

CONTOS PARA OS MAIS PEQUENOS

Ola nenos e nenas :
Aquì tedes unhos contos para que pasedes un intre entretido porque temos que seguir  lema "QUÉDATE NA CASA".
BULI




ACTIVIDADES ED. FÍSICA 30/03/2020

Luns 30
Creación de enredos:
Hoxe imos a crear un material moi sinxelo para poder xogar con el nas nosas casas.
O material que precisamos é o seguinte.
  • 1 vaso de plástico ou de iogur vacío.
  • Un anaco de cordel duns 50 cm aproximadamente.
  • Un anaco de papel de aluminio.
  • Algo para perforar o vaso (pedide axuda a un adulto).
Déixovos un vídeo explicando os pasos a seguir para construír este enredo. Para que a pelota pese algo máis podedes meter dentro unha pedriña pequena. Tamén podedes facer a pelota con papel de periódico e forrándoa de celo para que non se desfaga.
Por último e aínda que non ven no vídeo, podedes decorar os vosos vasos para que estean máis chulos.
Recordade que podedes compartir comigo as vosas creacións no seguinte correo: efriomaior@gmail.com



Neste último vídeo podedes ver como se xoga.

29 mar 2020

DÍA DO TEATRO

O día 27 de marzo de cada ano conmemoramos o DÍA DO TEATRO.
Celébrase desde 1961 e foi creado polo Instituto Internacional de Teatro coa finalidade de dar a coñecer o que representa o teatro para a cultura a nivel mundial. 
Propoñémosvos un par de vídeos para que disfrutedes deste arte.



28 mar 2020

UN APLAUSO PARA OS NENOS E NENAS





Este sábado 28 de marzo convocouse, a través da difusión por redes sociais, un aplauso por todos os nenos e nenas de España, que están confinados nas súas casas despois de que o Goberno decretase o estado de alarma polo coronavirus.

27 mar 2020

ACTIVIDADES ED. FÍSICA 27/03/2020

Venres 27
Ioga:
Último día da semana e xa queda menos para volver ao cole.
Para comezar o fin de semana relaxados e en calma hoxe propóñovos un pouco de Ioga. Déixovos un vídeo para que poidades seguir as súas instrucións.
Espero que vos guste e vémonos o luns outra vez.
Bo fin de semana a todos!


26 mar 2020

REUTILIZAR XORNAIS

Ola nenos e nenas:
Como xa sabedes todos os mércores chega ao colexio o xornal "La voz de Galicia". Unha vez leidos, que se pode facer con eles?
Preguntade na cas ou investigade en internet sobre como reutilizalos.
Vou poñer algún exemplo: limpar zapatos, cristais,protexer do frio e da humidade...
Espero que investiguedes moito.


As vosas respostas podedelas mandar o titor ou a bibliotecariomaior@gmail.com


https://webdelmaestro.com/manualidades-para-ninos-con-papel-periodico/







A nai de Daniel de 2º fai estas bonitas caixas con xornais.

ACTIVIDADES ED. FÍSICA 26/03/2020

Xoves 26
Baile:
Bos días, xa empezamos a estar un pouco cansos e aburridos de estar encerrados na casa, así que, hoxe propóñovos unha actividade para divertirnos un pouco en familia. Déixovos unhas coreografías sinxelas para que poidades bailar na casa. 
Anímovos a que imitedes esas ou a que inventedes algunha e me mandedes os vídeos a efriomaior@gmail.com.
Espero que vos gusten.






25 mar 2020

CONTOS PARA OS MAIS PEQUENOS

Boas a todos e todas:
Son Buli, e xa levo sin ver a nenos e nenas pola miña casa pero estou seguro que pronto volveredese estaremos xuntos de novo no cole e na biblioteca.Mentras tanto  xa sabedes vos.... QUEDADE NA CASA.
Encantaríame que inventarades moitas historias e que leades moito  que escoitedes música e sobre todo que vos portedes ben.
Vou ir poñendo, sobre todo para 1º, 2º e 3º contos moi interesantes e podedes facer un debuxo despois de velo, e mandalo o correo da biblioteca ou o do titor.
Estade atentos o blog.








ACTIVIDADES ED. FÍSICA 25/03/2020

Mércores 25

Estiramentos: 
Hoxe propóñovos algún estiramento para a zona lumbar, tan resentida durante estes días. Podedes ir seguindo as instrucións que vos da o vídeo. Espero que vos axude.

24 mar 2020

ARCO DA VELLA

Xa temos aquí os primeiros "Arcos da vella " .GRACIAS 


















ACTIVIDADES ED. FÍSICA 24/03/2020

MARTES 24
Alimentación saudable: 
Hoxe vamos a realizar pratos divertidos que nos poden servir para o almorzo ou para a merenda. 
Vamos a ser creativos empregando a froita que teñamos pola casa, podemos facer animais, obxectos … todo o que poidades imaxinar. Espero as vosas fotos para ver esas incribles creacións. 

Pero tede en conta os seguintes pasos: 
1. Lava ben as mans. 
2. Cociña nun lugar con suficiente espazo e que estea limpo. 
3. Escolle a froita que che apeteza comer. 
4. Pensa a túa idea ou busca en internet. 
5. Crea a túa obra de arte. 
6. Faille unha foto para que eu poida vela. 
7. E por último goza comendo! 

Eviádeme as vosas creacións ao seguinte e-mail: efriomaior@gmail.com
Déixovos unha idea (pero non vale copiar).


23 mar 2020

ACTIVIDADES ED. FÍSICA 23/03/2020

Luns 23/03/2020


Control da postura: 
Déixovos un par de vídeos que explican a importancia de manter unha boa postura a diario, e algún exercicio para correxir os malos hábitos.




Despois de ver estes vídeos propóñovos o seguinte xogo:

-Xogo do equilibrio: Para manter o lombo recto, vamos a realizar un xogo que consiste en marcar un inicio e unha meta. Unha vez colocados no inicio, tendes que poñer algo sobre a cabeza, por exemplo un libro, e camiñar ata a meta sen que vos caia. É necesario que o lombo estea recto en todo momento. Podedes competir contra algún familiar a ver quen o fai máis rápido sen que caia o libro.

20 mar 2020

ARCO DA VELLA SOLIDARIO

Afeitos a ir ao cole, agora os máis pequenos teñen que pasar o día na casa. A moitos aínda lles custa entender a que se debe este cambio de vida en tan só uns días. Xa non hai cole, non hai parque e tampouco actividades extraescolares. O xurdimento de iniciativas populares fai que os pais e os nenos poidan levar esta situación.
Entre elas, destacan o "Os arcos da vella solidarios" . Esta entrañable acción consiste en debuxar un arco da vella nunha saba ou unha cartolina, escribir unha mensaxe positiva e colgala nas fiestras. Un bonito xesto que axuda a que os máis pequenos pasen un intre entretido.
Buli propón a todos os nenos e nenas de Riomaior, que fagan o seu arco da vella e que enchan as fiestras das súas casas.



Podedes mandar fotos do voso arco da vella ao correo electrónico do titor ou a bibliotecariomaior@gmail.com, para logo subilas todas ao blog da biblioteca.

19 mar 2020

AS RECOMENDACIÓNS DE BULI PARA LAVAR AS MANS

Buli, mándavos este vídeo para que lavar as mans sexa máis divertido. Podedes mandar un vídeo xogando a "El juego del coronavirus" ao correo do titor ou a bibliotecariomaior@gmail.com











SEMANA DA PRENSA

No CEP Plurilingüe de Riomaior, fixemos unha exposición de xornais autonómicos, nacionais, extranxeiros e deportivos.












DÍA DA POESÍA





O día 21 de marzo conmemórase o "Día da Poesía". Este curso adicámosllo á escritora galega Rosalía de Castro. Buli mándavos un vídeo da súa  vida e obra.
















17 mar 2020

RECOMENDACIÓNS DE TRABALLO PARA OS VINDEIROS DÍAS

  • Lectura diaria durante un tempo aproximado de 30 minutos.
  • Operacións de cálculo semellantes ás últimas do caderno.
  • Elaborar un diario sobre as actividades que se desenvolvan durante este tempo.
  • Poñer ao día os cadernos de traballo (rematar actividades, mellorar a presentación...)
  • Realizar manualidades con materiais de refugallo.
  • Repasar e reler os temas de Ciencias Sociais e da Natureza que se están dando actualmente.
  • Visitar o blog de INGLÉS.
Lembramos a importancia de seguir as recomendacións marcadas polo Ministerio de Saúde.

Para calquera dúbida ou aclaración de tipo académico podedes acudir aos seguintes correos electrónicos:

Titoría de 1º: titoria1riomaior@gmail.com

Titoría de 2º: titoria2riomaior@gmail.com

Titoría de 3º: titoriariomaior3@gmail.com

Titoría de 4º: titoria4riomaior@gmail.com

Titoría de 5º: titoriariomaior5@gmail.com

Titoría de 6º: titoriariomaior6@gmail.com

Inglés: riomaiorenglish@gmail.com




16 mar 2020

CONTO: LA DICTADURA DE LAS COLETAS

Esta semana , a mestra Bea, contou para 1º,2º e 3º o conto "LA DICTADURA  DE LAS COLETAS"
Olga, Ana e Sofía atopan un baúl cheo de vestidos e deciden organizar un concurso de beleza no cal é imprescindible levar coletas. As nenas opóñense a que Gabriel desfile con elas pois argumentan que os mozos non son belos e, ademais, non teñen coletas. O gato tampouco é apto porque é  peludo e gris (aínda que a el encántalle o seu aspecto) Discuten e, ao fin, as nenas cámbianlle a roupa -segundo elas horrible- a Gabriel, e fanlle coletas, pintan ao gato de rosa… Todos prepáranse para que un xurado de formigas elixa á máis bela ou ao máis belo. Pero resulta que as formigas descualifican aos concursantes porque para elas a beleza reside en... ser pequenas, negras e con  antenas! Din que sobre gustos non hai nada escrito.






E como sobre gustos non hai nada escrito, Bea propúxolle aos nenos e nenas que ao día seguinte trouxesen o que máis lle gustase para sacarlles unha foto na biblioteca.








13 mar 2020

4ª XORNADA DE DEPORTE ESCOLAR

Nesta ocasión foron os nosos nenos e nenas os que visitaron outro colexio, concretamente o CEIP Manuel Padín Truiteiro. Compartimos unha mañá chea de deporte cos nosos alumnos e alumnas de 6º curso. 
Comezamos con bádminton, despois fixemos voleybol, baloncesto, balonmán e fútbol sala.
Deixámosvos unhas fotos para que poidades ver o ben que o pasaron os rapaces e rapazas.

11 mar 2020

PROXECTO "AS CÉLULAS" 6º DE PRIMARIA

Esta semana, na biblioteca, hai unha exposición sobre a célula, realizada polos alumnos e alumnas de 6º na clase de Ciencias da Natureza. Cada neno e nena fixo a súa propia maqueta sobre a célula e despois en grupos fixeron un cartaz explicando a súa estructura.

9 mar 2020

DÌA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA



O Día Internacional da Muller 2020 reivindica os dereitos das mulleres baixo o lema: "Son da Xeración Igualdade: Polos dereitos das mulleres". A campaña da ONU pretende mobilizar a todas as persoas, incidindo en que as pequenas accións poden xerar grandes repercusións cara ao mundo igualitario que merecemos.

A Axenda 2030 marca como obxectivo número 5: Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas. As bibliotecas deben apoiar a igualdade de xéneros e ofrecer lugares, e actividades, de encontro e empoderamento.

As bibliotecas escolares de Galicia traballan todo o curso en prol dunha igualdade efectiva na nosa sociedade, formando cidadanía crítica. Arredor desta data promoven actividades coa lectura, o cine, a radio, a publicidade, a busca e tratamento da información ...

                                           















4 mar 2020

ECO-MISIÓN DE FEBREIRO


O plástico converteuse no material preferido da industria durante o último século,os productos derivados do petróleo, ao ser tan flexibles e relativamente económicos, xeraron unha masiva produción que terminou por asolagar de plástico o planeta.
Estudos recentes documentaron que polo menos desde a década dos 50, producíronse máis de 9,1 billóns de toneladas de plástico, o cal está a xerar un problema crecente que amenaza non só a terra, senón tamén a auga e o aire.



Fíxose unha actividade para concenciar aos mestres/as e aos nenos e nenas que no entroido elaborasen disfraces con materiais de reciclaxe, e non con materiais contaminantes como o plástico.
Elaborouse un vídeo o cal foi defundido a outros centros de distintos puntos da nosa comunidade autónoma. Esta actividade intercentros tivo unha gran repercusión e foron moitos colexios os que responderon ao noso chamamento.