Olga, Ana e Sofía atopan un baúl cheo de vestidos e deciden organizar un concurso de beleza no cal é imprescindible levar coletas. As nenas opóñense a que Gabriel desfile con elas pois argumentan que os mozos non son belos e, ademais, non teñen coletas. O gato tampouco é apto porque é peludo e gris (aínda que a el encántalle o seu aspecto) Discuten e, ao fin, as nenas cámbianlle a roupa -segundo elas horrible- a Gabriel, e fanlle coletas, pintan ao gato de rosa… Todos prepáranse para que un xurado de formigas elixa á máis bela ou ao máis belo. Pero resulta que as formigas descualifican aos concursantes porque para elas a beleza reside en... ser pequenas, negras e con antenas! Din que sobre gustos non hai nada escrito.
E como sobre gustos non hai nada escrito, Bea propúxolle aos nenos e nenas que ao día seguinte trouxesen o que máis lle gustase para sacarlles unha foto na biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario