Luns 30
Creación de enredos:
Hoxe imos a crear un material moi sinxelo para poder xogar con el nas nosas casas.
O material que precisamos é o seguinte.
- 1 vaso de plástico ou de iogur vacío.
- Un anaco de cordel duns 50 cm aproximadamente.
- Un anaco de papel de aluminio.
- Algo para perforar o vaso (pedide axuda a un adulto).
Déixovos un vídeo explicando os pasos a seguir para construír este enredo. Para que a pelota pese algo máis podedes meter dentro unha pedriña pequena. Tamén podedes facer a pelota con papel de periódico e forrándoa de celo para que non se desfaga.
Por último e aínda que non ven no vídeo, podedes decorar os vosos vasos para que estean máis chulos.
Recordade que podedes compartir comigo as vosas creacións no seguinte correo: efriomaior@gmail.com
Neste último vídeo podedes ver como se xoga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario