Luns 23/03/2020
Control da postura:
Déixovos un par de vídeos que explican a importancia de manter unha boa postura a diario, e algún exercicio para correxir os malos hábitos.
Despois de ver estes vídeos propóñovos o seguinte xogo:
-Xogo do equilibrio: Para manter o lombo recto, vamos a realizar un xogo que consiste en marcar un inicio e unha meta. Unha vez colocados no inicio, tendes que poñer algo sobre a cabeza, por exemplo un libro, e camiñar ata a meta sen que vos caia. É necesario que o lombo estea recto en todo momento. Podedes competir contra algún familiar a ver quen o fai máis rápido sen que caia o libro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario