UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

22 dic 2023

MERGÚLLATE NA LECTURA :JOSUÉ E GAEL


 

INTERCAMBIO DE POSTAIS CO CPI DO TOURAL, DOS NENOS E NENAS DE 1º.

 Esta semana os  "Gatiños dormilóns" de primeiro, iniciamos un proxecto de intercambio de correspondencia co noso veciño CPI do Toural.

Recibimos unha caixa moi especial, onde os nenos e nenas enviaron debuxos e tamén un xogo de pistas para adiviñar que era quen.

Aproveitamos para buscar en google maps onde está o centro, e a distancia tanto en coche como andando.

Tamén contamos nas táboas do cen, cantos somos en Riomaior e cantos no Toural.

Esperamos que eles e elas reciban pronto as nosas cartas.


MOTOCROSS: DANIEL E LEO DÍAZ

 Os irmáns Daniel , de 6º e Leo de 4º, ambos os super afeccionados ao motocrós, fixeron unha gran demostración, das súas habilidades encima dunha moto.

Grazas mozos por facer participes a todos os vosos compañeiros da vosa afección.

21 dic 2023

OBRADOIRO NADAL 5º E 6º

 Os titores de 5º e 6º convocaron aos pais para realizar un obradoiro de Nadal cos seus fillos , o cal tivo un gran éxito de participación.

Cun simple calcetín, arroz ou uns poucos complementos , realizaron uns impresionantes bonecos de neve.

Unha gran actividade¡¡¡¡

18 dic 2023

17 dic 2023

OBRADOIRO DE GALLETAS DE JENGIBRE

 



Yolanda,  nai de Xiana de 2º, realizou un obradoiro de cociña para os nenos e nenas deste curso, de galletas de jengibre. Que boas estaban!!!

HORTO: SEMBRAMOS ALLOS E CHÍCHAROS

 Os alumnos e alumnas de 3º e 6º , esta semana , sembraron allos e chícharos no horto. Esperamos ter unha boa cosecha.

15 dic 2023

CREAMOS GALEGO: NADAL.

 Unha das actividades propostas polos equipos de biblioteca e de dinamización lingua galega, para o taboleiro de "Creamos Galego", é escribir por cursos vocabulario en galego relacionados co Nadal.

1º- Agasallos.

2º-Comidas.

3º-Lendas.

4º-Does de Nadal.

5º-Refráns.

6º-Tradicións.


6 dic 2023

3 DE DECEMBRO DÌA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.

 O día 3 de decembro conmemorase o día das persoas con discapacidade, Lara a mestra de Educación Físca , propuxo ao alumnado unha serie de xogos.

Tamén se propuxo a visualización de cortos, para traballar na aula, para ser consciente  dunha realidade que afecta a moitas persoas.






1 dic 2023

CHARLA ASOCIACIÓN ÉRGUETE.





 O alumnado de 6º foi participe dunha charla sobre as adicións dirixida pola "Asociación Érguete".











OBRADOIRO PRIMEIROS AUXILIOS



 Esta semana tivo lugar no colexio un obradoiro de primeiros auxilios , para todos os nenos e nenas de primeiro a sexto, impartido por alumn@s da "Escola de enfermería de Vigo.