UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

22 dic 2023

INTERCAMBIO DE POSTAIS CO CPI DO TOURAL, DOS NENOS E NENAS DE 1º.

 Esta semana os  "Gatiños dormilóns" de primeiro, iniciamos un proxecto de intercambio de correspondencia co noso veciño CPI do Toural.

Recibimos unha caixa moi especial, onde os nenos e nenas enviaron debuxos e tamén un xogo de pistas para adiviñar que era quen.

Aproveitamos para buscar en google maps onde está o centro, e a distancia tanto en coche como andando.

Tamén contamos nas táboas do cen, cantos somos en Riomaior e cantos no Toural.

Esperamos que eles e elas reciban pronto as nosas cartas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario