UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

24 dic 2022

VISITA SORPRESA DOS RIES MAGOS

 O xoves tivemos no colexio unha agradable e inesperada  sorpresa, a visita dos Reis Magos.Todos os cursos fixeron unha fotografía con eles e algún mestre non perdeu a ocasión de poñerse ao seu lado para sacar tamén unha foto.

Grazas.


23 dic 2022

VISITA E PAPA NOEL

 Non podía faltar como todos os anos por estas datas a visita de Papa Noel .Gozou todo o alumnado do seu percorrido polo colexio, sobre todo os máis cativos, que lle entregaron as súas cartas, contáronlle as súas ilusións .....

Papa Noel  regaloulle a cada alumno e alumna un agasallo sorpresa.



AS 12 CAMPANADAS

 Como é tradicción coméronse as 12 uvas. Bo uvas, gusanitos, gominolas , cada un trouxo o que mais gústalle . 

Que ben o pasamos!!!!!

POSTAIS DE NADAL 2022



 Como todos os anos polo Nadal faise un concurso de postais e dun texto, no que participan todos os alumnos/as do colexio. De todas elas sae unha elixida que se utiliza para felicitar estas festas a organismos oficiais, comercios do pobo, ampa.....

Este curso fíxose unha combinación e tres  postais baseadas no proxecto de Xulio Verne.



Aquí tedes un video de todas as postais.



O gañadores das postais este ano foron:
CARLA PÉREZ DE 5º.
SAMUEL NALGO DE 5º.
LUCÍ SOTO DE 6º.
O gañador do texto:
XAVI ÁLVAREZ DE 4º.




16 dic 2022

OBRADOIRO DE COCIÑA

 Hoxe os nenos e nenas de 2º participaron dun obradoiro de cociña, con Bea a  mestra de inglés.

 Fixéron galletas que estaban riquisimas!!!!! 


14 dic 2022

MERGÚLLATE NA LECTURA EN NADAL:FERMÍN Y LOS REYES MAGOS

 YOEL E XAVI ESTIVERON ESA MAÑÁ NA BIBLIOTECA PARA LER UN CONTO DE NADAL.

NORABOA RAPACES.



MERGÚLLATE NA LECTURA EN NADAL. LA SOLEDAD DEL ÁRBOL DE NAVIDAD

 ARIADNA DE 3º ESTIVO NO RECREO CONTÁNDONOS UN CONTO DE NADAL. 

PARABÉNS   FIXÉCHELO MOI BEN.



REVITALIZA 5º E 6º



As actividades dispoñibles de Revitaliza consisten fundamentalmente en propostas presenciais “atractivas” para o alumnado, mantendo a grandes liñas o proxecto educativo, pero incorporando novas actividades  sobre como o compost axuda a coidar a terra; ‘Experiencias co PH do só’, sobre a calidade do chan. Tamén se manteñen outros talleres como o xa coñecido ‘Xogo dá miñoca’, ‘Quen vive aí?’, ‘Intrusos non composteiro’ ou ‘ Microcompostaxe na aula’.

O alumnado de 5º e 6º participaron nesta actividade vendo o Ph do chan do noso patio e do horto cun resultado moi favorable , pois resultou ser  moi fértil.









5 dic 2022

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIADE

 O 3 de decembro conmemórase o "Día internacional das Persoas con Discapacidad", por iso esta semana tivemos a clase de Educación Física adaptada. Aprendemos como incluir adecuadamente ás distintas persoas con discapacidade nos xogos da escola.



27 nov 2022

ALZAMOS A VOZ

 Co motivo do "Día Internacional contra a Violencia de Xéner, elaboramos un mural no que todo o alumnado participou, escribindo nunha pinga de auga o nome da muller máis importante na súa vida:, nai, avoas, amigas madriñas, todos e todas fixeron a súa pinga.

GRAZAS NENOS E NENAS. 



25 nov 2022

MERGÚLLATE NA LECTURA:¿LAS PRINCESAS USAN BOTAS DE MONTAÑA?

 MARTA E MARÍA DE 4º PARTICIPARON NA ACTIVIDADE DE MERGÚLLATE NA LECTURA CONTANDO ¿LAS PRINCESAS USAN BOTAS DE MONTAÑA?


CANCIÓN MATRIARCAS

 O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller celébrase anualmente o 25 de novembro para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación.

No noso colexio quixemos poñer o noso gran de area para acabar con este problema tan importante da nosa sociedade, cantando a canción de Gaudi Galego "MATRIARCAS"


CHARLA DA GARDA CIVIL SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO.

 Hoxe , co motivo do "Día contra a NON Violencia de Xénero", os alumnos e alumnas de 5º e 6º, tiveron unha charla, para concencialos sobre este tema. Foi impartida por un membro da Garda Civil   que a través de videos explicativos expuxo esta temática tan importante,e a continuación tiveron un pequeno debate  entre todos/as.











AGRADECEMENTO Á ASOCIACIÓN LABECOS

 


24 nov 2022

SAÍDA A CORUÑA

 Os cursos de 3º,4º,5º e 6º foron onte A Coruña a visitar a: CASA DAS CIENCIAS E O ACUARIO.


21 nov 2022

MERGÚLLATE NA LECTURA:MI SOMBRA ES ROSA

 Un libro inspirador sobre atreverse a ser diferente e ter o valor de ser un mesmo.

GUÍA DE LECTURAS PARA O 25 NOVEMBRO: DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO.

 O 25 de novembro conmemorase o Día contra a Violencia de Xénero, unha xornada na que a sociedade centrase nos esforzos para concienciar e eliminar este problema da nosa sociedade.

A educación é un gran aliado e imprescindible para esta labor, e desde a biblioteca propoñemos unhas recomendacións lectoras para o noso alumnado.


18 nov 2022

MERGÚLLATE NA LECTURA: QUE LLE PASA AS PRINCESAS?

 Hoxe visitou a biblioteca Iker de 5º, para participar na actividade "MERGÚLLATE NA LECTURA

REVITALIZA 3º e 4º

 Difundir a compostaxe entre os e as escolares, supón actuar nas escolas para concenciar da necesidade de tratar o lixo de forma sostible e formalos no respecto polo medio ambiente.

Quen vive aquí? foi o título do obradoiro de hoxe para o alumnado de 3º e 4º.








5 nov 2022

CHARLA DA GUARDIA CIVIL

 Onte vernes tivemos a visita da Garda Civil, para darlle unha charla aos nenos e nenas de 6º, para falarlles sobre o abuso e o perigro das tenoloxías.

Moitas grazas, sempre e un pracer contar coas autoridades, no noso caso temos a Javier.









30 oct 2022

XOGOS POPULARES

 Todos os cursos , o día do magosto, a mestra de Educación Física, prepara unha serie de xogos populares para que o alumnado participen e gocen. 

Este día non só gozaron os nenos e nenas, tamén os pais que despois do parón da pandemia,puideron estar presentes e  gozaron máis que os seus fillos/as.


28 oct 2022

SAMAWEEN 2022: CABAZAS





 

RADIOEMOCIÓNATE


A asociación ondiñas de radio e posdcast organiza, durante este curso o proxecto RADIOEMOCIÓNATE" dirixido a centros educativos de primaria e secundaria, coa colaboracion de Si radio de Galicia, e a Consellería de cultura, Educación e ordenación Universitaria.

O noso colexio foi seleccionado para gravar en directo un programa de radio, no que participaron os nenos e nenas de 6º, 5º e 4º, facendo as entrevistas dirixidas pola locutora Amparo Rodríguez Ojea.



A segunda entrevista, esta telefónica, foi a Sheila Patricia, compositora e cantautora, que vive no noso concello.


Tivemos a sorte de que entrara en directo, Carlos Nuñez, considerado internacionalmente como un músico extraordinario, un dos máis serios e brillantes do mundo.Foi o alumnado de 6º o encargado de facer a entrevista.



Tamén entrevistaron a Daniel Figueira, director da banda de música de Vilaboa.


E para rematar, os mestres Carmen Negro, Bea Somoza e Emilio Taboada foron entrevistados por Amparo Rodríguez.


27 oct 2022

26 oct 2022

VISITA AO FORNO DA CAL DO ALUMNADO DE 6º

 O Concello de Vilaboa quere recuperar o Forno do Cal situado en San Adrián de Cobres. Trátase dun elemento singular do patrimonio industrial de Vilaboa

O proxecto  inclúe a rehabilitación da estrutura, o acondicionamento da contorna e a posta en valor do mesmo.

Hoxe os alumnos/as de 6º do noso colexio e os do Toural, visitaron as obras de restauración  do "Forno da  Cal ".  

Estivemos acompañados por César Poza, o noso alcalde, e polos encargados das obras, quenes  explicaron  como se levaban a cabo as tarefas de restauración.


23 oct 2022

PREPARAMOS O SAMAWEEN: ACTIVIDADES












RECOMENDACIÓNS LECTURAS DO SAMAWEEN

 Nenos e nenas aquí tedes algúns dos  libros que Buli recoméndavos para este SAMAWEEN. 

ATOPÁRDELOS TODOS  NA BIBLIOTECA

MERGÚLLATE NA LECTURA: EL NIÑO QUE NO QUEÍA SER AZUL, LA NIÑA QUE NO QUERÍA SER ROSA

 

A Celestino regálanlle avións azuis, dorme nunha cama azul e xoga ao fútbol con pelotas azuis. Todo o mundo dille que é o máis azul de todos os nenos e que casará coa máis rosa de todas as nenas, como debe ser! Pero e se el non quere só un mundo azul, e a princesa dos seus soños non é rosa.


20 oct 2022

TALLER REVITALIZA PARA 1º E 2º

 



A escola, as nenas e os nenos e a xente nova son un dos puntais do Plan Revitaliza de compostaxe da Deputación de Pontevedra. Difundir a compostaxe entre as e os escolares, supón actuar nas escolas para concienciar na necesidade de tratar o lixo de forma sostible e formalos no respecto polo medio.

O alumnado de 1º e 2º participarón neste obradoiro co "xogo da miñoca" Actividade deseñada e desenvolvida de xeito lúdico e ameno a mediante un xogo nun taboleiro xigante, os conceptos básicos dá compostaxe a alumnado.








19 oct 2022

CHARLA ÉRGUETE PARA 6º

O alumnado de 6º tivo unha charla da asociación Érguete, sobre as adiccións ós video-xogos e as redes sociais. Explicáronlle o porqué unha persoa se fai adicta e os perigros que conleva.
Todo o alumnado participou con moito interese e xurdiron preguntas moi interesantes, que a relatora Pilar contestoulle  con entusiasmo.