UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

29 nov 2020

1º ACTIVIDADE :GALEGOS INFLUENTES




Estimadas familias:

O Nadal xa está chamando á porta, este ano de xeito especial, temos que colaborar para que non se perda o espíritu navideño que precisamos máis que nunca .

Dende o colexio trataremos de seguir coas mesmas actividades que outros anos, aínda que nalgún caso será  de xeito virtual.

Buli pide a colaboración dos avós pais, tíos... É unha actividade aberta a toda a familia, para que lle conten aos nenos e nenas como se vivía antes o Nadal :

  -Cal era a cea típica de Noiteboa e Noitevella, Aninovo….

  -Que tipo de agasallos recibían, si llos traían os Reis Magos ou Papá Noel?

  -Se ian cantar os Reis polas casas ?

  -Ou calquera outra cousa que queirades contar.

Esta actividade é a primeira que se propón dentro  do proxecto:

                              “GALEGO INFLUENTES”

Tedes que gravar un pequeño  vídeo e mandalo a:

bibliotecariomaior@gmail.com

Moitas grazas .

PRESENTACIÓN PROXECTO :GALEGO INFLUENTES

 

  



Ola nenos/as e familias:

O equipo da biblioteca dirixido por Buli e o equipo de dinamización lingüística, con Raquel Peón ó frente, imos facer unha serie de actividades para fomentar o noso idioma:

O GALEGO.

Este proxecto nace co nome:

“GALEGO INFLUENTES”

 Imos, cada certo tempo, propoñer unha actividade na que podedes colaborar todos.

Estade atentos. 

Un saúdo.

                                             
                            

25 nov 2020

25 DE NOVEMBRO, DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO


 


O 25 de novembro celebrase anualmente o "DÍA INTERNACIONAL  CONTRA  VIOLENCIA DE XÉNERO" `para denunciar e erradicar a violencia que sofren as mulleres en todo o mundo. Dende o colexio fixemos actividades para conmemorar este día:

 Quxemos aportar o noso gran de area, facendo unha actividade co agasallo de unha coreografía conxunta "Correo Calero" co CEIP O Carballal de Marín.

 


 Ese é o vídeo o que fixeron os  nenos e nenas no nosos precioso patio.

Os nenos e nenas de 5º e 6º participaron no concurso da Secretaría Xeral de Igualdade na eleboración dun lema co fin da erradicación desta, poñendo o foco na prevención , na detencción precoz e na intervención.





O
s cursos de 1º, 2º 3º e 4º coloraran a Mafalda e escribirán unha mensaxe , en galego, castelán ou inglés, co mesmo fin.

Mafalda ensínanos a ser mellor persoas, e que necesitamos preocuparnos das cousas realmente importantes, ademais de ocuparnos das causas que apoien o beneficio dos demais, empezando coas persoas do noso redor.

 O alumnado representou unha canción con coreografía baseada na canción "Se acabaron las lágrimas " de Huecco.


Os nenos e nenas de 2º elaboraron un pequeno mural.



 O alumnado de 3º 



 
 

Alumnos e alumnas de 4º

Taballaron a palabra VIOLENCIA definindo, debuxando e exprimindo todo o que estudiamos ata o momento mediante un mapa visual. 








 

23 nov 2020

ACTIVIDADE :COÑECERNOS A NOS MESMOS , 3º E 4º

 A autoestima é o conxunto de sensacións que cada persoa ten  con respeto á súa valía persoal e a  súa propia imaxe .Para fomentar unha autoimaxe positiva é necesario coñecerse, apreciando os propios gustos, habilidades e características.

En esta actividade reflesionase sobre os aspectos positivos de todo o grupo.Tratase de que o alumnado reconozca e valore, a través da observación e o diálogo as diferencias individuais como algo positivo e enriquecedor.  

Os alumnos/as de terceiro fixeron un retrato a partir do que descubriron de eles mesmos:

-A cor do pelo e dos ollos.

-Que é o que máis lle gusta.

-Que é o que mellor fago.

-Que é o que máis me gusta de mín.

-Cando se sinte feliz

-No que lle gustaría mellorar.

 Os alumnos de terceiro fixeron un debuxo deles mismos:



A actividade de 4º foi feita conxuntamente nas áreas de de Relixión e Valores. Primeiro os nenos e nenas reflexionarón sobre o que lles gusta deles e no que podría millorar.

Fíxose unha meditación improvisada na clase, con música de Beethoven,"Claro de luna" e o día seguinte tiñan que traer un debuxo expresando o que sentiran 

A actividade gústoulle moito.

















19 nov 2020

REUNIÓN DE DELEGADOS E MEDIADORES

 A comenzos de novembro  tivo lugar a elección dos delegados e mediadores. A misión dos delegados é representar aos seus compañeiros, trasladar as suxestións ás reunións xerais.

Afunción dos mediadores e mediar nos conflictos que xurden entre os alumnos/as e tratar de resolvelos entre eles.

Son elexidos entre os compañeiros/as e cada curso ten un mediador/a e un delegado/a





18 nov 2020

RADIO NA BIBLIOTECA

DESPOIS DE INTENTALO VARIAS VECES, POR FIN TEMOS RADIO NA BIBLIOTECA.

O PROGRAMA RADIO NA BIBLIOPRETENDE O REFORZO DASCOMPETENCIAS EN COMUNICACIÓN LINGÜISTICA E MEDIOS DE COMUNICACIÓN DO ALUMNADO, MEDIANTE A CEACIÓN DUNHA EMISORA  OU LABORATORIO DE RADIO VINCULADO A BIBLIOTECA ESCOLAR.

AXIÑA COMENZAREMOS A FACER OS NOSOS PROGRAMAS DE RADIO, XA VOS IREMOS INFORMANDO.

BULI.




15 nov 2020

RECEITAS DE OUTONO

Como estamos en outono, e Buli é moi larpeiro, pidiulle aos nenos e nenas que lle mandaran receitas con productos  desta época do ano como noces, castañas cabazas...

Todos/as mandastes un motón de receitas e fotos. 

Gracias  polo voso traballo.

 


 PINCHA NA FOTO PARA VER   RECEITAS



8 nov 2020

GUILLERMO BARREIRO

 Esta semana, Guillermo Barreiro, o outro gañador do programa  "ATRÉVETE" veu ao colexio para recibir o seu agasallo. O acto da entrega do premio fíxose no patio, coa presenza dos alumnos de 6º.











1 nov 2020

SAMAWEEN; CARTEIS

OS NENOS E NENAS FIXERON  CARTEIS DE HALLOWEEN PARA AMBIENTAR  AS AULAS:

SEXTO









CUARTO





QUINTO






PRIMEIRO






TERCEIRO








SAMAWEEN: CABAZAS 2020

 Comenzamos o  "SAMAWEEN" coa decoración de cabazas, este ano foi diferente, xa sabedes todos o por qué, pero non imos a deixar de facer cousas, porque hai tradicións que non se poden perder.

Por iso, vos pedimos que mandarades unha foto das vosas obras de arte o blog da biblioteca.