UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

27 oct 2018

SAMAWEEN 2018

SAMAÍN+ MAGOSTO+ HALLOWEEN



Todos os nenos e nenas participaron , en familia, no famoso concurso de Samaween  de tallado de cabazas con temática de arte e terror.



Todos os nenos e nenas viñeron vestidos para a celebración do  "Samaween" con disfraces  terroríficos, cada cal mais orixinais e divertidos .








Buli fai unha serie de recomendacións LECTORAS  para estes días do SAMAWEEN







Coma todos os anos, celebramos o Magosto con xogos no patio preparados polos mestres de Educación Física.


COMECASTAÑAS



O CORRO DA CASTAÑA


CULLER NA MAN


PERNA ATADA - CASTAÑA AGARRADA



CARREIRA DE SACOS



                                          CASTAÑA AGOCHADA





Despois de xogar, todos e todas  a comer castañas!!!!!


24 oct 2018

DÍA DAS BIBLIOTECAS


Hoxe 24 de outubro conmemórase o DÍA DAS BIBLIOTECAS en LITEARTE. Para iso, Buli preparou moitas actividades para que os nenos e nenas gozasen deste día.
O primeiro que fixo, foi mandar unha invitación para recordar a celebración do Día das Bibliotecas Escolares.




Despois mandou o programa de actividades propostas para ese día.



FOTO DE TODOS OS ALUMNOS E ALUMNAS CON BULI NA BIBLIOTECA

PRIMEIRO


SEGUNDO



TERCEIRO


CUARTO

QUINTO

SEXTO



RECREOS DE CONTO





"POLO CORREO DO VENTO" é un colectivo especializado en actividades pensadas para os nenos e nenas, co fin de promover a lectura en galego e a expresión artística. Nesta ocasión Enrique Mauricio, contounos a historia de Maruja Mallo , libro "Meiga nova, mitade anxo, mitade marisco, pequena biografía de Maruja Mallo", da colección "Mulleres galegas "e Carlos Taboada debuxounos un mural da protagonista. Para rematar, entre todos e todas debuxaremos a persoaxe do conto, guiados por Carlos Taboada pasiño a pasiño, sendo estes algúns dos debuxos elaborados por os nosos alumnos/as.

18 oct 2018

SAÍDA O MUSEO DE PONTEVEDRA



Os alumnos de 1º, 2º e 3º realizaron unha visita o museo de Pontevedra. 
Desde o Museo de Pontevedra preséntase un programa educativo para este curso 2018 – 2019. Todo un conxunto de visitas dinamizadas que nacen coa vontade de servir de complemento aos contidos de diferentes materias así como de vehículo para o desenvolvemento da sensibilidade, do goce estético e da adquisición de valores culturais e sociais.
Os alumnos e alumnas participaron en dous obradoiros:

-DA PALETA AO LENZO: Percorrido dinamizado pola pintura que, partindo da observación do instrumental tradicional das e dos pintores e dunha selección de obras, permitiranos coñecer diferentes maneiras de pintar, soportes distintos e temas variados; facendo fincapé nestes xéneros: retrato, paisaxe e bodegón.


-DETECTIVES DA ARTE: Xogo de observación onde os nenos e nenas, a partir dunha selección de artistas galegos, profundizan no valor da abstracción, da expresión a través das cores e das texturas, da importancia da visión persoal e única de cada espectador e da evolución dos xéneros e das técnicas.


12 oct 2018

PRESENTACIÓN COLABORADORES DE BULI


Os nenos e nenas son invitados a ser colaboradores de Buli.
 Todos deben cumprir as normas propostas para o bo funcionamento da biblioteca.








ENTREGA DOS DISTINTIVOS DE COLABORADOR DA BIBLIOTECA








7 oct 2018

APERTURA DA BIBLIOTECA

Ola nenos e nenas, o día 15 abrimos a biblioteca para que poidades gozar dela, do préstamos de libros, das novidades, dos recreos de conto, do apadriñamento lector, e de moitas mais actividades que Buli ten pensado para os seus amigos e amigas.



A primeira actividade levada a cabo foi poñer o nome a biblioteca, que este curso será LITERARTE



Na semana do 8 ao 11 de outubro, leváronse a cabo sesións de FORMACIÓN DE USUARIOS nas que se explicaron :

-As normas do uso da biblioteca.
-A distribución dos libros:
.Primeiros lectores, lectores en marcha e lectores expertos.
.Libros de consulta.
.Cómic.
.Poesía.
.Teatro.
-Entrega de carnés.
-Uso da biblioteca nos recreos.
-Entrega das mochilas viaxeiras.