Os alumnos de 1º, 2º e 3º realizaron unha visita o museo de Pontevedra.
Desde o
Museo de Pontevedra preséntase un programa educativo para este curso 2018 –
2019. Todo un conxunto de visitas dinamizadas que nacen coa vontade de servir
de complemento aos contidos de diferentes materias así como de vehículo para o
desenvolvemento da sensibilidade, do goce estético e da adquisición de valores
culturais e sociais.
Os alumnos e alumnas participaron en dous obradoiros:
-DA PALETA AO LENZO: Percorrido dinamizado pola pintura que, partindo da observación do
instrumental tradicional das e dos pintores e dunha selección de obras,
permitiranos coñecer diferentes maneiras de pintar, soportes distintos e temas
variados; facendo fincapé nestes xéneros: retrato, paisaxe e bodegón.
-DETECTIVES DA ARTE: Xogo de observación onde os nenos e nenas, a partir dunha
selección de artistas galegos, profundizan no valor da abstracción, da expresión
a través das cores e das texturas, da importancia da visión persoal e única de
cada espectador e da evolución dos xéneros e das técnicas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario