Estimadas familias:
O Nadal xa está chamando á porta, este ano de xeito especial,
temos que colaborar para que non se perda o espíritu navideño que precisamos máis
que nunca .
Dende o colexio trataremos de seguir coas mesmas actividades
que outros anos, aínda que nalgún caso será
de xeito virtual.
Buli pide a colaboración dos avós
pais, tíos... É unha actividade aberta a toda a familia, para que lle
conten aos nenos e nenas como se vivía antes o Nadal :
-Cal era a cea típica
de Noiteboa e Noitevella, Aninovo….
-Que tipo de
agasallos recibían, si llos traían os Reis Magos ou Papá Noel?
-Se ian cantar os
Reis polas casas ?
-Ou calquera outra cousa que queirades contar.
Esta actividade é a primeira que se propón dentro do proxecto:
“GALEGO INFLUENTES”
Tedes que gravar un pequeño vídeo e mandalo a:
bibliotecariomaior@gmail.com
Moitas grazas .
No hay comentarios:
Publicar un comentario