A asociación ondiñas de radio e posdcast organiza, durante este curso o proxecto RADIOEMOCIÓNATE" dirixido a centros educativos de primaria e secundaria, coa colaboracion de Si radio de Galicia, e a Consellería de cultura, Educación e ordenación Universitaria.
O noso colexio foi seleccionado para gravar en directo un programa de radio, no que participaron os nenos e nenas de 6º, 5º e 4º, facendo as entrevistas dirixidas pola locutora Amparo Rodríguez Ojea.
A segunda entrevista, esta telefónica, foi a Sheila Patricia, compositora e cantautora, que vive no noso concello.
Tivemos a sorte de que entrara en directo, Carlos Nuñez, considerado internacionalmente como un músico extraordinario, un dos máis serios e brillantes do mundo.Foi o alumnado de 6º o encargado de facer a entrevista.
E para rematar, os mestres Carmen Negro, Bea Somoza e Emilio Taboada foron entrevistados por Amparo Rodríguez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario