UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

7 mar 2021

PLAN REVITALIZA





A escola, as nenas e os nenos e a xente nova son un dos puntais do Plan Revitaliza de compostaxe da Deputación de Pontevedra. Difundir a compostaxe entre as e os escolares supón actuar nas escolas para concienciar na necesidade de tratar o lixo de forma sostible e formalos no respecto polo medio.

Para a difusión do Plan Revitaliza entre colexios e institutos da provincia a Deputación e o Centro de Investigación e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) teñen un convenio de colaboración grazas ao cal catro empresas cooperativas de traballo ambiental encargaranse de realizar charlas, xornadas de formación , exposicións, e talleres  sobre compostaxe. Esta semana estiveron na escola para estiveron na escola para coñecer un pouco máis sobro o tema da compostaxe.





Os pequenos coñeceron o tema da compostaxe a través do" xogo da miñoca"



No hay comentarios:

Publicar un comentario