Esta mañá, o alumnado do noso colexio cambiou as aulas polo mar nunha xornada inesquecible de convivencia e actividade física. Trasladámonos ata o Club de Piragüismo Náutico de Cobres, para desfrutar dunha sesión de piragüismo. Coas magníficas vistas da enseada de San Simón como escenario, os rapaces e rapazas non só aprenderon as nocións básicas de paleo e seguridade acuática, senón que tamén traballaron en equipo, reforzaron compañeirismo e entraron en contacto directo co privilexiado contorno natural que nos rodea.
GRAZAS, UNHA VEZ MÁIS AO CLUB DE PIRAGÜISMO DE COBRES.

No hay comentarios:
Publicar un comentario