UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

3 mar 2019

ENTROIDO 2019

O Entroido no colexio de Riomaior comenza co pregón, que este ano estivo a cargo de Ánxel Huete, coñecido pintor veciño de Vilaboa e tamén profesor de Belas Artes na Universidade de Vigo .



   

Despois do pregón, os nenos e nenas de 5º e 6º, vestidos cos traxes típicos da zona, tan vistosos e coloridos,  fixeron unha demostración dos bailes tradicionais do Entroido de Cobres.






De seguido, comeza o xuízo e a nosa particular  "CORRIDA DO GALO VENANCIO", onde as nenas e os nenos o acusarán dos males acaídos durante o ano.





galo  comparece ante o Xuíz para escoitar as acusacións dos fiscais de cada curso e os avogados defensores en nome de Buli, proclaman as virtudes do galo, solicitando o indulto.
Antes de executarse a sentenza o GALO é perseguido polos nenos e nenas de primeiro ata ser desplumado.






 Todos os cursos prepararon un baile relacionado co tema reitor: A PINTURA.


-1º PINTORES e a "MUCHACHA DE LA PERLA" (VERMEER).





-2º  "PINTORES DE BROCHA FINA"




3º "DALÍ"




4º "VELÁZQUEZ E AS MENINAS"




5º "FRIDA KHALO E DIEGO RIVERA"




-6º "O MERCADO" (COLMEIRO).





Para rematar, volve a saír o xuíz para dar lectura do testamento e acordar, por votación popular, se o galo é culpable e débese converter en borralla purificadora ou se hai que indultalo.
Este ano o GALO VENANCIO foi: QUEIMADO.




No hay comentarios:

Publicar un comentario