UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

28 mar 2019

TALLERES DA CLASE DE TERCEIRO


Cupcakes


Nesta última semana tivemos a sorte de contar na aula con Tania, a mamá de Aroa, coa que disfrutamos de un fantástico taller de cupcakes. Encantounos a actividade. Dámoslle as grazas a Tania e convidámola a volver a aula cando queira.



Taller de xabóns

O xoves pasado Estela, a mamá de Laura, veu á aula para realizar un taller de xabóns. Xunto a ela pasamos unha mañá estupenda, xa que fabricamos uns xabóns moi orixinais, e todo iso con ingredientes naturais:  aloe vera, iogur grego,  glicerina, aceite de coco, lavanda... Non só nos encantou facelos senón que ao día seguinte, cando xa endureceran e puidemos levalos a casa, foi un momento de gran satisfacción ao ver as bonitas formas que adquiriran nos  moldes e o cheiro tan agradable que desprendían. Dámoslle as grazas a Estela polo taller.



Taller antifaces



Coincidindo coa época de Entroido, Gloria (a nai de Ania) e Beni (a nai de Marta) ofrecéronnos un taller de antifaces que nos gustou moito. Coa silueta das nosas propias mans diseñamos  o antifaz. Logo o decoramos ao noso gusto. Pasamos unha xornada moi entrentenida e desenvolvemos a nosa creatividade a tope. Moitísimas grazas a estas dúas mamás polo seu tempo e o seu traballo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario