UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

25 nov 2018

DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO

Neste curso para conmemorar o "Día da NON violencia de xénero" fixemos varias actividades no colexio. 

Colaboramos con mais de 70 centros educativos de toda Galicia,  dentro da campaña #EQUALITER, con un proxecto audiovisual e un mural feito coas mans de cada un dos nenos e nenas do colexio, co fin de poñer o noso gran de area nesta conmemoración.        















Buli invitou a todos os alumnos e alumnas do colexio á proxección dun video realizado integramente polo alumnado de 6º curso, e coa colaboración dos nenos/as de 5º, sobre a "Non Violencia de Xénero", onde podemos disfrutar da canción "LA PUERTA VIOLETA " de Rozalén,  interpretada por varios alumnos/as de 6º.










Así mesmo, esta mesma canción foi interpretada e  posta en escea, pola totalidade do alumnado de 6º curso, durante a mesma xornada e para todo o alumnado, no salón multiusos do centro.





Os alumnos de 5º e 6º recibiron  unha charla da Garda Civil sobre a Violencia de Xénero.


No hay comentarios:

Publicar un comentario