Hoxe vivimos unha xornada moi especial. desfrutamos de "Un bo almorzo mediterráneo". Todos os nenos e nenas do centro xuntámonos para aprender que comer ben t compartimos mesas cheas de produtos sans e deliciosos:, tostas con tomate e xamón e aceite de oliva e os lácteos. Unha combinación perfecta para cargar as pilas e coidar a nosa saúde. Ademais, tivemos o luxo de contar cun comensal moi especial. O noso alcalde, César Poza non quixo perderse esta cita! Estivo connosco compartindo mesa, conversando cos rapaces e rapazas, e lembrándonos a importancia de apostar polos hábitos de vida saudables.Queremos dar as grazas a todas as persoas que fixeron posible esta actividade: ANPA e profesorado.
ALMORZO MEDITERRÁNEO de bibliotecariomaior riomaior

No hay comentarios:
Publicar un comentario