O xoves 17 de outubro abrimos a nova casa de Buli. Toda obra rematada merece unha inauguración por todo o alto. Co paso do tempo fomos vendo que era necesario darlle un cambio e este chegou grazas ás obras de mellora do piso, o falso teito e todo o mobiliario da sala de lectura. Outra das novidades é que tamén gozarán os nenos e nenas dun "Espazo maker" un recuncho no que o alumnado poderá, entre outras cousas, recrear persoaxes con disfraces, concentrarse no xogo simbólico cooperar con distintos xogos de mesa e deixar voar a imaxinación.
Na inauguración estiveron presentes o inspector D. Carlos Rábade, o asesor de bibliotecas escolares Paco Díaz e a concelleira de educación do concello de Vilaboa dona Dolores Cerqueiro Peón.
O día da apertura da biblioteca tamén se fixo entrega das acreditacións aos colaboradores de Buli, cerimonia moi emotiva para os alumnos e alumnas de 5º.
No hay comentarios:
Publicar un comentario