UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

1 abr 2020

ACTIVIDADES ED. FÍSICA 01/04/2020

Mércores 1
Receita saudable: Mousse de fresas: 


Ingredientes:
  • 500g de fresas
  • 250g de nata para montar
  • 3 ou 4 ovos
  • Azucre
  • Auga
Elaboración:
  1. Para a elaboración desta sobremesa, o primeiro que hai que facer é lavar e secar as fresas.
  2. Despois cortalas en anacos para pasar a batelas ata conseguir unha textura líquida. 
  3. A continuación, montaremos a nata e as claras ao punto de neve en recipientes diferentes. Para iso utilizaremos a batedora ou unha máquina eléctrica de varillas. 
  4. Cando teñamos todo feito, hai que mesturar moi amodo a nata montada e as fresas batidas coas claras a punto de neve. Removemos todo moi delicadamente ata conseguir unha masa homoxénea, e con axuda dunha culler grande servimos en cuncas individuais. 
  5. Para decorar podes preparar un caldo de azucre de fresas. Para iso, quenta nunha tixola tres fresas previamente laminadas con medio vasiño de auga e unha cullerada de azucre. Remover e deixar que ferva. Cando notes que a mestura fai burbullas, retira do lume e deixa arrefriar. Botar o caldo de azucre sobre a mousse e levar todo á neveira para deixar arrefriar polo menos unhas tres/catro horas.
Recordade compartir comigo as vosas creacións en efriomaior@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario