Mércores 15
Hoxe imos a facer unha receita moi sinxela e deliciosa "Laranxas en xelatina".
Ingredientes para as laranxas en xelatina (para 4 laranxas):
• 4 laranxas de zume ben lavadas
• 2 culleriñas de azucre (opcional)
• Xelatina neutra en pó (1 sobre de 10 g para 500 g totais de líquido ou segundo indicacións do fabricante)
• 200 g de auga
Nota: 10 g de xelatina neutra en pó equivalen a 5-6 láminas de xelatina (hidratar previamente seguindo as recomendacións do fabricante).
Preparación das laranxas en xelatina:
1. Espremer as laranxas, reserva o zume (agregar azucre opcionalmente) e reservar as peles das laranxas.
2. Disolver a xelatina no zume e remover cunhas barillas.
3. Levar a auga a ebulición nun cazo e vertela sobre o zume, removendo constantemente para integrar a xelatina.
4. Incorporar o zume con xelatina dentro dos cascos das laranxas e deixar arrefriar na neveira por un mínimo de dúas horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario