Neste segundo trimestre dedicámolo a pintores españois, estes son algúns dos traballos realizados polo alumnado sobre o proxecto da pintura que se está a traballar neste curso 2019-20.
A obra Autorretrato (1907); é unha das últimas que fixo Picasso. Forma parte do Período Rosa. Os tons avermellados dominan, escuros ou claros, nas distintas partes de cadro. No fondo da parte esquerda combina a cor rosada como base xunto con café e azul, dando o efecto de escuridade na parte inferior. Logo con tons vermellos e laranxas vaise aclarando a medida que se sobe. Os tons da cara levan un gris como base, que xunto cos vermellos, amarelos e laranxas forman o ton da pel. Nesta epoca, Picasso vai deixando de lado a perfección da forma para fixarse máis que nada no fundamental.
Os nenos de 4º fixeron a súa propia representación do cadro de Picasso.
Os alumnos e alumnas de 3º traballaron a Salvador Dalí.Para comenzar visionaron un video sobre a vida do pintor:
Os nenos e nenas pintaron a súa propia versión dun retrato do pintor e despois pegáronlle un bigote ao que lle deron unha forma divertida.
Os alumnos e alumnas de 5º dedicaron o trimestre a coñecer a Joaquín Sorolla.
Os nenos e nenas de 2º colorearon láminas do libro "El sueño de Goya" Coa escusa dun soño preséntanos as súas obras máis significativas de cada época para mostrarnos un pouco a vida de Goya. O fío condutor é un dos personaxes de "a galiña cega" que se vai coando en cada páxina para cambiar cada cadro que se atopa. Imos ver se creamos algo de interese por parte dos nososnenos e nenas de quen era Goya e ensinámoslles os seus cadros máis importantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario