UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

2 dic 2019

Visita MUPEGA e concurso "Tíralle da Lingua"

O xoves 28 de novembro, o alumnado de sexto tivo a sorte de ir de visita á cidade de Santiago de Compostela.

A primeira parada que fixeron foi a visita ao MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia), onde puideron comprobar de primeira man como era o día a día nun instituto de comezos do século. Fixérono a través dunha exposición temporal sobre os institutos históricos que hai na nosa comunidade. E nela viron os diferentes materiais que se empregaban daquela para explicar as diferentes materias.

Despois dun merecido descanso para merendar, dirixíronse ao Pazo de Congresos, para que dúas compañeiras puideran participar no concurso "Tíralle da Lingua". Cada unha delas tivo que contar unha historia en Galego diante de todos os asistentes, historias que foron creadas por elas mesmas. 

Non foron as campeoas do concurso pero fixérono xenial! 
Noraboa ás dúas pola vosa valentía e polo ben que o fixéchedes! 
E grazas tamén ao resto de compañeiros que as animaron en todo momento!

Fai clic na imaxe para ver máis

Como o fixeron tan ben, decidimos que o resto do cole non podía quedar sen desfrutar da súa actuación, asique ao día seguinte as dúas volveron a narrar as súas historias diante dos nenos e nenas do colexio. 
Aquí as tedes!





No hay comentarios:

Publicar un comentario