24 sept 2026

VALORES EN ESCENA


 "Valores en Escena" é unha actividade dinámica e participativa deseñada para que os nenos e nenas se acheguen aos valores esenciais para a convivencia —como o respecto, a empatía, a solidariedade ou a amizade— dun xeito lúdico e expresivo.Como punto de partida do proxecto, cada participante elaborará un  banderín personalizado, plasmando nel unha palabra clave que represente un valor. Unha vez rematados, uniranse para formar unha gran guirnalda colectiva que decorará un espazo do colexio.


ONVIVENCIA de bibliotecariomaior riomaior

21 sept 2026

CREAMOS GALEGO: PALABROTECA.


 Palabroteca: Consiste na creación colaborativa de onde os alumnos recollen palabras en galego. relacionadas co proxecto :"RIO DE TALENTOS"  



palabroteca de bibliotecariomaior riomaior

18 sept 2026

PROXECTO DE INCIACIÓN : RIO DE TALENTOS


 Benvidas e benvidos a "Río de Talentos" un espazo onde a imaxinación, a creatividade se dan a man. Este proxecto nace coa ilusión de xuntar todas as nosas voces, ideas e habilidades para demostrar todo o que somos quen de facer. Neste proxecto de iniciación vamos a definir tres elementos fundamentais para cada casa : 

-Escudo da Casa

-Un Saúdo

 -Palabroteca: Unha homenaxe visual e escrita á nosa lingua.


Proxecto de iniciación de bibliotecariomaior riomaior

LENDO MAN A MAN : DE 3º PARA 1º.


 Os nenos e nenas de 3º compartiron un anaco marabilloso de lectura cos seus compañeiros/as de1º.

3º LE A 1º de bibliotecariomaior riomaior

16 sept 2026

CLASES DE BÁDMINTON EN 4º



Hoxe tivemos o pracer de recibir no noso colexio ao Club Nébula de Vilaboa para achegar este emocionante deporte de raqueta ao alumnado de 4º de Educación Primaria.

A sesión estivo dirixida e impartida por Enrique, especialista en bádminton, quen nos ensinou de forma divertida e dinámica os conceptos básicos deste deporte.


Badminton en 4º de bibliotecariomaior riomaior

11 sept 2026

PRESENTACIÓN DAS CASAS DE "RIO DE TALENTOS"


Benvidos e benvidas a Río de Talentos, o proxecto educativo co que este curso enchemos de vida, cor e movemento as aulas do noso colexio. Estruturamos este camiño arredor de cinco grandes afluentes artísticos que flúen e se nutren mutuamente: música, baile, cine, artes visuais e teatro.

A través deste proxecto, non buscamos só achegar o alumnado ás distintas disciplinas artísticas, senón ofrecerlles un espazo seguro onde experimenten, creen, colaboren, celebren e gocen do proxecto.


PRESENTACIÓN PROXECTO de bibliotecariomaior riomaior

9 sept 2026

COMEZO DO CURSO 2026/27



 Hoxe abrimos de novo as portas do colexio para dar a benvida máis calorosa a todo o noso alumnado e ás súas familias neste inicio do curso 2026-2027.Despois duns meses de descanso e xogos, volvemos con enerxías renovadas para compartir xuntos unha nova aventura . Un saúdo moi especial para as nenas e nenos que se unen por primeira vez á nosa comunidade educativa; seguro que moi pronto vos sentiredes coma na casa.

QUE COMENCE A AVENTURA DE APRENDER!


Comenzo do curso 2026-2027 de bibliotecariomaior riomaior


Grazas ao alcade de Vilaboa, César Poza por vir, coma todos os anos, a inaugurar este novo curso.

César Poza de bibliotecariomaior riomaior

20 jun 2026

GRADUACIÓN DE 6ºEP.


 Os nosos mozos e mozas de 6º de Primaria celebraron o seu fin de etapa cun acto inesquecible rodeados de profesores, compañeiros e familias.

Foron seis anos de moito esforzo, aprendizaxes, excursións e, sobre todo, de construír amizades que durarán para sempre. Agora toca mirar cara adiante con moita ilusión, porque a Secundaria está chea de novos retos que, estamos seguros, ides superar con nota.



GRADUACIÓN PROMOCIÓN 2020-2026 de bibliotecariomaior riomaior



UNHA MIRADA ATRÁS de bibliotecariomaior riomaior