Coa chegada do outono e os primeiros fríos, Galicia adéntrase no Tempo de Defuntos, unha época do ano chea de simbolismo.Arredor do lume da lareira, mentres se asaban as castañas do magosto, as familias lembraban aos seus devanceiros e contaban lendas de aparecidos e da Santa Compaña. Para guiar as ánimas no escuro e protexer as casas, acendíanse candeas e colocábanse calacús (cabazas ilumindadas) nos camiños. A través desta actividade, imos descubrir e recuperar o vocabulario tradicional galego vinculado a estes días: palabras que forman parte do noso patrimonio.

No hay comentarios:
Publicar un comentario