ECO PERCUSIÓN é un proxecto que pretende achegar aos nenos e nenas entre 7 e 12 anos á familia dos instrumentos de percusión.
Coa percusión oral e corporal búscase un coñecemento do noso corpo, onde non só aprendemos a facer música con el , senón que aportamos moitos beneficios ao noso sistema psicomotor.
A percusión ecolóxica é unha modalidade onde se traballa a conciencia sobre o medio ambiente, reciclando todo tipo de obxectos que poidan ser utilizados como instrumentos de percusión: bidóns, latas, cubos tixolas....
Este obradoiro foi impartido por Didier Díaz Mandan, para os alumnos e alumnas de 5º e 6º, facendo ao remate do mesmo, unha demostración para o resto do alumnado do centro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario