UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

23 ene 2019

PROXECTO CREARTE PRIMEIRO TRIMESTRE


Estes son algúns dos traballos realizados polo alumnado, sobre o proxecto da pintura que se está a traballar neste curso 2018-2019





Os nenos e nenas de 1º traballaron sobre a artista Maruja Mallo. Este era o pseudónimo de Ana María Gómez González, nada en Viveiro o 5 de xaneiro de 1902 e finada en Madrid o 6 de febreiro de 1995,  e que foi unha pintora surrealista galega.

















Os alumnos e alumnas de 3º  coñeceron un pouco máis a vida e a obra de Xosé Otero Abeledo, alcuñado como Laxeiro, nado en Donramiro (Lalín) o 23 de febreiro de 1908 e finado en Vigo o 21 de xullo de 1996, e que foi un pintor galego dos máis representativos que ten dado Galicia en todos os tempos.






Libro Laxeiro



Os alumnos de 6º, ademais de estudar a Colmeiro, fixeron unha proposta para traballar conceptos matemáticos a través da obra de Mondrian e Kandinski. 
A raíz da obra de Mondrian, levaron á vida diaria os  coñecementos aprendidos nos temas da área de matemáticas relacionados coa xeometría. Foron quen de observar, medir, trasladar, colorear figuras xeométricas respetando o modelo inicial e engadindo algún elemento novo... Dentro da competencia  matemática, ciencia e tecnoloxía, aprenderon que este tipo de deseños serven para plasmar en teas, por exemplo.
Con Kandinski, os alumnos e alumnas foron quen de medir ángulos, lonxitudes de circunferencia, de traballar con liñas paralelas e perpendiculares sobre un modelo dado.






O alumnado de 5º de primaria traballou durante este primeiro trimestre "AS EMOCIÓNS" a través da arte cos cadros máis relevantes de Urbano Lugrís.
Urbano Lugrís González, nado na Coruña o 28 de xaneiro de 1908 e finado en Vigo o 23 de decembro de 1973, foi un importante pintor galego.
A súa vida está chea dunha actividade creadora pouco común, que lle permitiu plasmar as súas inquedanzas artísticas en medios tan diversos como a poesía, o teatro, a pintura e incluso a arquitectura.












A través das pinturas de Leandro Lamas, os nenos e nenas de cuarto coñeceron o uso das formas e dos cores que emprega o autor. A partir de aí fixeron as súas propias creacións comezando por facer o seu propio bosquexo antes de plasmalo en lenzo, no que usaron tempera e pincel para pintar traballos similares aos Leandro Lamas.








No hay comentarios:

Publicar un comentario