UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

30 ene 2019

30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ

"





Neste curso, como o tema reitor é a pintura,  o "Día escolar da Non Violencia e a Paz" traballamos a Picasso. 
O pintor malagueño fixo famosa á pomba como símbolo da Paz.
En 1945 finalizou a Segunda Guerra Mundial deixando unha grande cantidade de mortos e feridos. Tres anos despois, un grupo de intelectuais reuníronse para decidir como se podía evitar que unha guerra similar se repetise de novo.
Entre eles Pablo Picasso. Desde entón o pintor comeza a realizar unha serie de debuxos de pombas.
A Picasso encantábanlle os animais e as pombas acompañáronlle en moitas das súas obras. 
Nos eliximos o cadro, onde podemos ver catro caras con diferentes tons de pel. Con este cadro quérenos explicar a existencia de diferentes razas, todas elas unidas pola pomba da paz.

Todos os alumnos e alumnas colorearon este cadro do pintor, elaborando un mural con todos eles.




Os nenos e nenas de 4º de primaria elaboraron unha presentación sobre a vida de Pablo Ruiz Picasso.






RECREOS DE CONTO POLA PAZ




Para rematar todos cantamos a canción "ACUARELA DE CORES" de Toquihno, coa adaptación da letra o galego pola mestra de música.




Buli recomenda lecturas pola PAZ.


No hay comentarios:

Publicar un comentario