14 nov 2011

Celebramos un Samain de medo
As nenas e nenos puxeron a traballar as súas neuronas e crearon terroríficas cabazas e non menos terrorífico foi o seu vestiario.

 

O corredor decorado coas cabazas, debuxos, carautas, composicións… metía medo , pero o que producía auténticos arrepíos  era a lectura dos  tenebrosos contos  que crearon  para Buli e Buliño, como:
“O misterio da clase de música” de Ainhoa (4º)                          
“Quen toca o órgano pola noite na igrexa” de David (3ºB)
“O pianista misterioso” de Noemí (6ºA)


Cos mellores contos faremos un libriño para a biblioteca que todos poderedes ler.
Para rematar o día fixemos xogos tradicionais  e comemos castañas asadas que estaban riquísimas!

                                                  FOICHE UNHA FESTA BEN COMPLETA!!

28 oct 2011

Día da biblioteca

O luns, 24 de outubro, celebramos a festa da biblioteca:

 Os nenos e nena de 3º representaron “As catro estacións” de Vivaldi





     Os cativos de 1º cantaron “Un libro máxico”.


       As rapazas e rapaces de 2º presentáronnos o libro “Animais encantadores”




   O alumnado de 4º representou “A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza”.





    O conto cantado “Unha vella tiña un can” foi presentado polos nenos e nenas de 5º.




    As alumnas e alumnos de 6º A presentaron “Pedro e o lobo” e os de 6º B  “Estilos diferentes”.

   Todos e todas estiveron moi atentos e pasárono moi ben.



21 oct 2011

O OUTONO ÉNCHEO TODO

A fraga viste mil cores:
castaña, laranxa, amarela,
verde, marrón ou vermella.

Cogomelos e castañas
figos, uvas e mais noces,
acompañan á estación,
á friaxe e á noite.

15 sept 2011

EMPEZAMOS PISANDO FORTE!!

CONCERTO DIDÁCTICO

   Onte achegáronse ata o noso cole un grupo de alumnas/os da banda de música artística de Arcade, acompañados polo seu director, para amosarnos o seu arte no manexo dos instrumentos e animarnos a querer a música.
   É esta a primeira das moitas actividades que, ben seguro, imos ter durante este curso. Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas: o nome dos instrumentos, de que material están feitos, como soan…
   Dámoslles as grazas polo seu marabilloso concerto e agardamos que algún día haxa alguén que se anime a crear unha banda en Vilaboa.

12 sept 2011

BENVIDOS!!

   A nosa benvida, a todas e todos, ao novo curso 2011-2012.
   Traedes novos folgos para traballar arreo?
   Este verán, Buliño mais eu, acordamos andar de troula por toda Galiza. Coñecemos unha chea de lugares e escoitamos moitísima música de tódolos estilos.
   Despois da interesantísima visita de Carlos Núñez ao noso colexio, quedárannos moitas ganas de saber máis  do mundo dos pentagramas e das corcheas.
   Aínda que aprendemos moitas cousas  quédanos moito por descubrir. Queredes axudarnos a conseguilo?
   Pois… BENVIDOS AO ANO DA MÚSICA!!

3 jun 2011

EN  INGLÉS TAMÉN TRABALLAN AS RECEITAS
Os grupos de 3º e 4º observaron e analizaron catro plantas aromáticas., fixeron a súa descrición e elaboraron receitas con cada unha. Despois cociñaron e comeron dos catro platos para acordar cal lles parecía máis saboroso.





Os grupos de 5º e 6º fixeron unha cata de tés , logo de ler a información sobre a súa orixe e obtención, e cociñaron un pastel de chocolate para acompañala.
Despois da proba cubriron unha ficha cos que lle gustaron máis.




1 jun 2011

RECEITAS PARA BULIÑO
O noso bufiño pediu axuda ao alumnado.
 Buliño quere corrixir os seus hábitos alimenticios,  e mais os do seu pai, e solicitou que lle enviasen receitas lixeiras  e beneficiosa para a saúde.
En poucos días  recibiu unha chea de receitas. Os nosos rapaces nunca lle fallan aos seus amigos.


13 may 2011

A SEMANA CULTURAL
      Do nove ao trece de  maio celebramos, como é costume, a nosa  “SEMANA CULTURAL”  e dende a biblioteca colaboramos facilitando libros para a exposición, a película “O bosque animado” e todo canto material precisaron os mestres e alumnos para preparar as súas actuacións. Lois Pereiro, Movida na fraga




 






  Tamén achegamos a participación de “Marta Varela” unha magnífica contadora de historias . Neste caso fíxonos ver a necesidade de colaborar nas tarefas do fogar e non deixar que o faga todo mamá. Ah! e prometeu volver en xuño con outra historia.

























Este ano recibimos a persoas moi importantes coas que aprendemos unha chea de cousas:

·       Os mariscadores explicaron como é o seu traballo.
·       Tito Otero contounos cousas dos lugares polos que ten viaxado.
                                      

·       O pintor e profesor Huete aprendeunos unha nova técnica de pintura. Como disfrutamos  facendo o xigantesco cadro que adorna o noso corredor!





·       Non nos esquecemos da visita ao horto dos cativos de 1º e 2º que foron uns guías marabilllosos. Noraboa rapaces, estades feitos uns auténticos agricultores.

   



·        E o máis espectacular foi a visita de “Carlos Núñez”, o gaiteiro de fama mundial. Respondeu ás nosas preguntas, escoitou a nosa música e tocou con nós. Foi unha xornada incrible!