Do nove ao trece de maio celebramos, como é costume, a nosa “SEMANA CULTURAL” e dende a biblioteca colaboramos facilitando libros para a exposición, a película “O bosque animado” e todo canto material precisaron os mestres e alumnos para preparar as súas actuacións. Lois Pereiro, Movida na fraga
Tamén achegamos a participación de “Marta Varela” unha magnífica contadora de historias . Neste caso fíxonos ver a necesidade de colaborar nas tarefas do fogar e non deixar que o faga todo mamá. Ah! e prometeu volver en xuño con outra historia.
Este ano recibimos a persoas moi importantes coas que aprendemos unha chea de cousas:
· Os mariscadores explicaron como é o seu traballo.
· Tito Otero contounos cousas dos lugares polos que ten viaxado.
· O pintor e profesor Huete aprendeunos unha nova técnica de pintura. Como disfrutamos facendo o xigantesco cadro que adorna o noso corredor!
· Non nos esquecemos da visita ao horto dos cativos de 1º e 2º que foron uns guías marabilllosos. Noraboa rapaces, estades feitos uns auténticos agricultores.
· E o máis espectacular foi a visita de “Carlos Núñez”, o gaiteiro de fama mundial. Respondeu ás nosas preguntas, escoitou a nosa música e tocou con nós. Foi unha xornada incrible!
Que bonitos los cuadros que hicimos que bien lo pase.
ResponderEliminar