O día 24 de abril o CEP Plurilingüe de Riomaior foi convidado pola Consellerìa de Educación o Palacio da Cultura de Santiago de Compostela para recoller o 1º premio de Convivencia e Benestar da convocatoria 2024-2025.
Este premio acadouse grazas o sistema de traballo que se leva a cabo no noso colexio: traballo por proxectos de 1º a 6º , multinivel e indisciplinar, xa que a convivencia non se pode tratar de xeito illado, senón que ten que ir solapado en todas as actividades que se desenvolven no centro no horario escolar. En estas actividades está involucrado o 100% do profesorado, do alumnado e sobretodo as familias.
CEP PLURILINGÜE DE RIOMAIOR 2024-2025 de bibliotecariomaior riomaior
No hay comentarios:
Publicar un comentario