24 abr 2025

ENTREGA DO PREMIO, CANTA ROSALÍA!



Onte no día do libro, os nenos e nenas de 2º de Primaria asistiron á gala de entrega dos premios Canta Rosalía!, organizados pola Deputación de Pontevedra. O evento foi realizado no auditorio do CEIP Principe Felipe de Pontevedra.

Unha vez alí, recibimos a noticia de que acadamos o primer premio na categoría Campanñas, por un valor de 600 euros para invertir en material escolar pola nosa proposta" no ceo azul crasísimo"

Foi unha grande noticia  que nos fixo moita ilusión! 

Pero como ben expresaron tanto Alex coma Noa nas súas palabras de agradecemento ao público, o máis importante non foi o premio en sí mesmo, senón realizar un traballo en equipo con todos os compañeiros e compañeiras.

Estamos felices.



Texto de bibliotecariomaior riomaior

No hay comentarios:

Publicar un comentario