29 sept 2019

DÍA EUROPEO DO DEPORTE ESCOLAR 2019

O pasado xoves celebramos no colexio o Día Europeo do Deporte Escolar co principal obxectivo de fomentar a actividade física nos máis pequenos. O reto deste ano consistía en intentar realizar dúas horas de exercicio físico. 

Dividimos o patio en diferentes estacións, e en cada unha delas practimos unha actividade diferente, desde saltar á corda, baloncesto, palas, zancos, tiro á portería... 

Unha xornada diferente na que fomentamos a práctica da actividade física e animamos aos cativos para que a leven cabo non solo dentro do ambiente escolar, senón tamén na súa vida diaria. 

Deixámosvos algunhas fotos. 

Fai clic na imaxe para ver máis. 



25 sept 2019

SEMANA POLO CLIMA

Propostas de pequenas accións para coidar o noso planeta:


-Camiseta verde.


- PROXECIÓN DE VIDEOS
















-GARDAMOS UN MINUTO DE SILENCIO






-  O ALUMNO DE 6º XIÁN SOBRAL FIXO UNHA PRESENTACIÓN E UN MANIFESTO QUE PRESENTOU O RESTO DO ALUMNADO.




TODOS OS CURSOS FIXERON CARTACES REFERENTES AO TEMA.


13 sept 2019

COMENZO DO CURSO 2019-2020


Neste curso vamos a convertirnos en "GARDIÁNS DO PLANETA"  pois os nenos e as nenas son o futuro, un cambio de mentalidade é imprescindible para solucionar todos os problemas que estamos tendo co medio ambiente.


Para innagurar o curso estivo comnosco o alcalde de Vilaboa D. Francisco Costa Fernández e as concelleiras Ornela Fernández Salgado e Dolores Cerqueiro Peón.

Aquí están os futuros "Gardiáns do planeta"cos seus titores /as 

PRIMEIRO


SEGUNDO

TERCEIRO

CUARTO

QUINTO


SEXTO

24 jun 2019

DESPEDIDA DOS COLABORADORES DE BULI

Remata o curso, coma todos os anos, non podemos deixar de facer público o agradecemento o grupo  de 5º , como colaboradores, pois foron unha peza imprescindible no funcionamento da biblioteca. Recibiron un agasallo e un Buli como recoñecemento da sua labor.


19 jun 2019

XORNADA DE CONVIVENCIA

Coma todos os anos todo o colexio, alumnoa/as e mestres /as, participamos nunha xornada de convivencia .

VISITA O CLUB NÁUTICO COBRES

Esta semana os nenos de 4º, 5º e 6º visitaron o Club Náutico Cobres, onde estiveron acompañados polos monitores do club Yael, Fede e Alfonso e os nenos e nenas do colexio que xa practican este deporte e tamén fixeron de monitores. Todos os  alumnos e alumnas do centro distrutaron dunha maña diferente onde coñeceron un pouco máis de cerca o piragüismo, deporte que se practica moito nesta zona.








PREMIOS DO PROGRAMA ATRÉVETE

A Conselleira de Educación, Carme Pomar, presidiu a entrega de premios do programa" Arevéte" enmarcado no plan de emprendemento do sistema educativo de Galicia EDUEMPRENDE, que ten como obxetivo fomentar, motivar e sensibilizar o espíritu emprendedor. 
Cecilia e Mauro alumnos de 6º en colaboración co CIFP Carlos Oroza  resultaron galardonados na convocatoria do curso 2018/19.