27 oct 2016

DÍA DA BIBLIOTECA

 
 

 

Hoxe celebramos o Día da Biblioteca. Todos os alumnos/as acudimos a biblioteca e recibimos unha pequeña charla de formación de usuarios. Aprendemos moito, sobre todo o que podemos atopar nela. Aos mais cativos, Buli  regaloulles un libro dos Bolechas, foron todos moi contentos!!!!!
Tamén recibimos a visita duns contacontos moi especiais para este colexio, cinco dos nosos antigos mestres que se ofreceron para contarnos unos contos moi divertidos .
Poli e Mariño interpretaron o conto "Que bonito é Panamá" para os máis cativos, e Carmen, Eva e Miguel Anxo o conto  " Lobishome" para 4º,5º E 6º.
Tamén se fixo entrega dos distintivos e uniformes aos colaboradores Buli.



23 oct 2016

PROGRAMA ACTIVIDADES DÍA DA BIBLIOTECA



Preséntovos o programa de actividades do Día da Biblioteca.
Virán  uns contacontos moi especiais, para  min e para a maioria de vos.
 É toda unha sorpresa!!!!!     






                            
                                                                                       
   

INVITACIÓN DE BULI

 O día 25 de outubro, Buli abre as portas da biblioteca para compartir con todos os nenos/as o seus libros. Por iso,  mándavos una invitación para convidarvos ese día a visitar a súa casa.


                             


 

8 oct 2016

BULI DA A BENVIDA

  Ola amigos e amigas :

Ola amigos e amigas:
Aquí estamos outra vez tras un pequeno descanso, ben merecido,durante o verán. Imos comenzar con moitas gañas de traballar e xa estou preparando os carnés dos novos lectores, aos que xa lles din a benvida, os libros do itinerario lector, as mochilas viaxeiras e moitas máis sorpresas que vos teño preparadas.
Este curso imos a viaxar e facer moito turismo xa que o noso lema para este curso 2016-17 é DESTINO.com.
  Xa vos irei contando!!!!

15 sept 2016

benvida curso 2016-17

Hoxe día 12 de setembro inauguramos un novo curso no CEP Riomaior. Dende aquí queremos darlle a benvida a todo o alumnado e especialmente ó grupo de primeiro que comenza un novo camiño conmosco. BENVIDOS A TODOS!!!!



31 may 2016

Pedro Rosendo y Violeta Huete de sexto,finalistas no concurso de relatos curtos

O 30 de maio de 2016, foi un día especial para estes dos alumnos de sexto, xa que foros premiados pola sua creatividade na redacción de relatos curtos, que foros publicados nun libro.
Por este motivo, recolleron o premio no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Agardalles seguro, un futuro prometedor coma escritores.
Parabens para  Violeta e Pedro de parte da sua titora,  e de todo o cole de Riomaior. Sodes un orgullo para nos!