19 feb 2016
18 feb 2016
Un entroido divertido de temática animal!
Este ano celebramos o Entroido, redactando entre todas as
clases, as acusacións ao galo Venancio.
Despois, o alumnado de sexto como marca a tradición,
encargouse de redactar o xuizo completo ao galo, antes de decidir condealo.
Velaí unha mostra do xuizo ao galo na que o alumnado de sexto tendo ao bufo Buli como referenza, se inspirou.
Velaí unha mostra do xuizo ao galo na que o alumnado de sexto tendo ao bufo Buli como referenza, se inspirou.
E como non podía ser doutra maneira, finalmente o galo Venancio foi
condeado e queimado ante a presenza dun público numeroso.
31 ene 2016
Un futuro prometedor como escritor para Sergio.
O alumno de sexto de primaria, Sergio González Eidón, presentouse a un
concurso de relatos curtos e gañou un premio.
O día 29 de xaneiro, foi felicitado coma se merece, por toda a comunidade educativa de Riomaior
O día 29 de xaneiro, foi felicitado coma se merece, por toda a comunidade educativa de Riomaior
29 ene 2016
Celebración do día da Paz: programa
O día 29 de xaneiro do 2016 celebrouse o Día da Paz no colexio, con varias propostas desde a biblioteca. Velaí o programa.
13 ene 2016
Traballando o tema reitor: Faunaseando.
Como sabedes, este ano o tema reitor do cole é sobre os
animais. Así que ambientamos a biblioteca con libros e espazos nos que os nosos
mellores amigos, son os principais protagonistas.
Bos desexos para o Nadal e o aninovo!
O equipo da biblioteca e Buli despedimos o 2015 por todo o
alto!..
Os nenos e profes deixamos pegada dos nosos mellores desexos
nun panel á entrada da biblioteca. Colaboramos con Dinamización para decorar
unha árbore con palabras típicas de Nadal e aproveitamos tamén para decorar as
portas das aulas con cartas, bos propósitos e felicitacións escritas en varias
linguas.
23 dic 2015
10 dic 2015
Aprendendo máis sobre os dinosaurios!!
Todos os alumnos/as do Cep Riomaior, tivemos a ocasión de facer unha saída a Vigo para coñecer un pouco máis a cidade e os lugares máis frecuentados pola xente, como o Estadio de fútbol.
Aproveitamos a visita á cidade para visitar unha exposición sobre dinosaurios que había ao aire libre na explanada do Náutico de Vigo.
Foi un día moi completo porque aprendemos moitísimo sobre estes animais fantásticos.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)