28 abr 2014
II FEIRA-TROCO DO LIBRO USADO
“Feira-troco do libro usado”, día 25 de abril. Este ano celebramos a segunda feira-troco e houbo unha boa participación, por parte do alumnado, cun total de 80 libros para cambiar por outros dos seus compañeiros. Un xeito de compartir e ter máis libros para ler sen gastar diñeiro.
APADRIÑANDO LECTORES
“Apadriñamento lector”, dende o 24 de abril ata o 29 de maio. Todos os xoves, na “Hora de ler”, cada alumno/a co seu afillado/a comparten gustos lectores mellorando a relación entre maiores e pequenos. Da gusto velos ler xuntos!
ACTIVIDADES DO MES DO LIBRO
Durante o mes de abril sucédense diferentes actividades, propostas polo equipo da biblioteca, encamiñadas a promocionar o libro e a lectura Entre elas hai que salientar:
“A festa do Libro”, día 23,na que participou todo o alumnado facendo lecturas colectivas de diversos libros infantís.
1 abr 2014
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
Mañá, 2 de abril, celébrase o Día internacional do libro infantil.
Nesta data naceu o escritor danés, Hans Christian Andersen (1805-1875), autor
de algún dos máis inesquecibles relatos para nenos, como “O parruliño feo”, “O
soldadiño de chumbo” ou “O traxe novo do emperador”. Con esta celebración trátase de poñer de
manifesto a importancia de estimular a lectura entre os máis pequenos para que
aprendan a gozar do coñecemento e entretemento que proporcionan os libros.
Tamén é, o 2 de abril, o Día da concienciación sobre o autismo. Queremos recomendar un conto
infantil moi especial “Hada Esther” co que se pretende facer visible esta realidade.
Se premedes sobre a imaxe teredes información
sobre o conto e poderedes escoitar a fermosa canción “Hada Esther” na voz da
profe Montse.
31 mar 2014
MARZO, MES DA PRENSA
Celebramos o mes da prensa con múltiples actividades encamiñadas a descubrir a importancia dos xornais na nosa formación. Dende coñecer o que pasa no mundo ata crear as nosas propias noticias pasando por análise da publicidade ou crear anuncios disparatados, entre outras moitas.
Sen dúbida unha oportunidade para valorar a información que nos chega e aprender a ser máis críticos.
Se queredes consultar a prensa diaria en formato dixital premede sobre a imaxe.
Se queredes consultar a prensa diaria en formato dixital premede sobre a imaxe.
20 mar 2014
VISITA AO SALÓN DO LIBRO
O venres, 14 de marzo, inaugurouse o XV Salón do Libro de Pontevedra e, como ben sabedes, todo o alumnado de Riomaior estaba convidado a participar dos obradoiros e a visitar a exposición.
O luns, 17, fomos os primeiriños en gozar desta marabillosa actividade e ben orgullosos que nos sentimos ao ver o noso chineiro formando parte da mostra de traballos escolares.
Un ano máis estamos felices de colaborar nesta excelente actividade.
26 feb 2014
O CHINEIRO DE BULI
Xa partiu o chineiro de Buli
cara a Pontevedra para lucirse no Salón do Libro. Ía ateigado de fermosos
libros que entre todos creastes e... como presumía Buli ante tanta beleza
e creatividade.
PARABÉNS !! Este si que é un equipo de
primeira división, ou non?
24 feb 2014
O MORRAZO ESPERTA A GALICIA
23 feb 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


