24 ene 2013
FINA CASALDERREY NA REAL ACADEMIA GALEGA
UNHA ESCRITORA DE L.I.X. NA ACADEMIA
A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria.
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada, escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!
Artigo extraído de : http://redelectura.blogspot.com.es/2013/01/unha-escritora-de-lix-na-academia.html
20 ene 2013
CLUB de LECTURA "BULINDO"
Segue o éxito do noso club de lectura de adultos e toca ler, neste mes, un clásico da nosa narrativa “Memorias dun neno labrego” de Xosé Neira Vilas.
Libro fundamental na literatura galega que forma parte da memoria emocional dunha ampla xeración. Traducido a diversas linguas e con centos de miles de exemplares vendidos é unha marabillosa testemuña literaria dunha Galicia realmente existente a mediados do século XX. Unha auténtica xoia que todos os galegos debemos ter presente nas nosas bibliotecas e no noso corazón.
Novo agasallo
Catro novos libros forman parte da vitrina que Miguel Anxo Mouriño ten na nosa biblioteca e que, pouco a pouco, se vai enchendo coa súa obra.
Neste caso non son propiamente libros seus senón colaboracións.
Miguel é director da sección de Lingua e Literatura do Instituto de Estudos Miñoranos e encárgase do asesoramento lingüístico.
Por se fose do voso interese, os libros cedidos desinteresadamente para a biblioteca son:
“Crónica rimada de Baiona e o seu mar” de Xosé María Álvarez Blázquez.(Introdución e asesoramento lingüístico de Miguel A. Mouriño)
“Retallos de Gondomar de Miñor” (Colabora con dous artigos: Paisaxe xeográfica e humana e Pazo de Barreiro)
“Monografía REM- Revista de Estudos Miñoranos- Victoriano Taibo”.(Colaborador)
“Da agra aberta. Contos e Lendas” de Victoriano Taibo (Prólogo e asesoramento lingüístico)
12 dic 2012
Recitandocelsoemilio
Recitandocelsoemilio
Hoxe, día 12 do 12 do 2012, ás 12 da mañá
participamos do acto colectivo “recitandocelsoemilio” promovido pola Coordinadora Galega de EDNL
para cerrar o ano dedicado ao autor polo centenario do seu nacemento.
As alumnas e alumnos de 5º e 6º contaron algo
da biografía de Celso Emilio Ferreiro e recitaron anaquiños dos seus poemas . A
continuación puidemos gozar do rap “Deitado frente ao mar” gravado durante as últimas semanas e no que participou
todo o alumnado do colexio.
Nos próximos días, se o desexades,
poderedes cambiar versos do autor escritos por vós, polos que están
pendurados no “tendal dos versos “ na Sala de Usos Múltiples.
Agardamos pola vosa colaboración.
Queres saber máis de
Celso Emilio Ferreiro? Procura neste
enlace gl.wikipedia.org/wiki/Celso_Emilio_Ferreiro
4 dic 2012
Club de lectura “BULINDO”
E chegou o primeiro intercambio de
pareceres sobre o libro “Desayuno en tiffany’s” de Truman Capote, e houbo para
todos os gustos. A algúns encantoulle e a outros non conseguiu marabillalos. De
calquera maneira foi unha xuntanza moi agradable e aprendemos uns dos outros.
O
libro deste mes é “Laura y Julio” de Juan José Millás e a próxima reunión será o día 15 de xaneiro de 2013, ás
16:00 horas.
Se algunha nai/pai quere unirse ao club
aínda está a tempo, só ten que achegarse ata a biblioteca e pedir un exemplar
do libro.
30 nov 2012
17 nov 2012
“CÓNTAME
UN CONTO”
O
pasado martes, 13 de outubro, a profesora Eva Rodríguez agasallou
ao alumnado do Segundo Ciclo coa historia “Matapitos.com” de Gloria Sánchez.
Tivo unha colaboración especial, a de José Angel, o noso conserxe, e fixérono
de marabilla!
Nos
próximos martes contará novas historias ao Terceiro e Primeiro Ciclos.
Moitas
grazas por regalarnos o teu tempo.
12 nov 2012
COMPARTINDO LIBROS E LECTURAS
Acabamos de poñer en marcha unha nova actividade na nosa biblioteca. Un grupo de nais, pais e profesores acordaron deixar en préstamo, por este ano, algún dos seus libros favoritos. Na primeira reunión cada un explicou un anaquiño do contido dos libros que prestaba.
Ao mesmo tempo, a profesora Eva, facilitounos dez exemplares do libro “ desayuno en Tiffany`s” de Truman Capote, para que todos poidamos ler o mesmo e ,o próximo 4 de decembro, martes, ás catro da tarde, teremos unha xuntanza para comentalo.
Animamos aos pais e nais para que se unan ao noso club de lectura.

28 oct 2012
"DÍA DA BIBLIOTECA"
O pasado, 24 de outubro, abrimos a biblioteca para todos vós.
Cavernícolas, princesas e señores feudais marabillaron aos presentes, contando as súas aventuras e amosando diversos libros que, ben seguro, todos desexamos ler.
Dende hoxe podemos acubillarnos nas súas estancias e ler, repousadamente, todas esas historias coas que gozamos tanto.
Pero, ollo! coidade ben dos libros, porque hai un vixiante que se pode anoxar.

FELICES LECTURAS!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)