28 feb 2011

CONCURSO DE MENSAXES DE AMOR

Durante o mes de febreiro desenvolvemos un concurso de mensaxes de amor entre todos os membros da comunidade educativa. O venres 25 de febreiro foron lidas as mensaxes gañadoras de cada categoría e entregamos os correspondentes diplomas.


AQUÍ TEMOS UNHA MENSAXE MOI FERMOSA DUNHA ALUMNA DE 5ºB:

Amor para Buli
Moito tempo vai durar
Olliños sempre te admiran
Ricos bicos cheos de vida.

Pompas da paz que voan
Amor é o mellor
Recordos e ilusións
Antes e despois.

Burlas non debemos facer
Unión temos que ter
Libros e contos debemos ler
Intentamos felices ser.

22 feb 2011

QUERES SER POETA?


Ola amiguiños! A miña caixa de correo
está famenta de versos Por que non me
axudades a enchela?
Tamén vos quería propoñer que cada
grupo-clase escolla un poeta e traballe,
un chisquiño, a súa biografía e obra.
O próximo 15 de abril, na “Gran festa
do LIBRO”, presentarédesllo a toda a
comunidade educativa.
A que é unha boa idea?

5 feb 2011

Visitamos o XII Salón do Libro de Pontevedra

O día 9 de febreiro visitamos o XII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Este é o noso noveno ano de participación e colaboramos creando un libro colectivo titulado “Mouchiño Mentireiro”. Estamos moi satisfeitos do noso traballo e alegrounos moito visitar a exposición e participar nos obradoiros.




O alumnado do 3º Ciclo aproveitou a viaxe para coñecer as prazas e as rúas da cidade de Pontevedra. Que chulas son!

25 ene 2011

A REAPARICIÓN DE BULIÑO

En xaneiro de 2011 recuperamos a Buliño logo dun longo secuestro nas Fragas do Eume. Para celebralo fixémoslle unha festa de benvida á que non faltou ninguén. Agora Buli está moi feliz e xa ten quen o acompañe na biblioteca.


UN POEMA BEN CHULO DOS NENOS E NENAS DE 2ºB

CHAMÁRONLLE BULIÑO
Chamáronlle Buliño
un día de primavera
cando chegou a esta vida
aquel moucho de seda.

É un mouchiño moi feito
de capa azul e amarela
doces olliños de mel
e bondadosas orellas
que dan á súa cariña
unha figura moi tenra.

É recibido por todos
con aloumiños e festas
porque, amais de ser bonito
ten moi boas maneiras
e fainos rir a todos
coas súas ocorrencias.

14 dic 2010

RECREOS DE CONTO

No mes de novembro comezamos unha nova actividade que está a dar uns resultados excelentes. Cada venres, na hora do recreo, alguén(alumnos, profesores, pais, nais...) le, conta ou representa algún libro.
Participaron nesta actividade case todos os grupos e máis dunha nai.
A asistencia é libre e voluntaria.