21 ene 2026

ESTACIÓNS DE APRENDIZAXE DE 1ºEP




 As estacións de aprendizaxe con materiais manipulativos de lectoescritura son unha proposta metodolóxica que favorece a aprendizaxe activa e significativa. A través de diferentes estacións, o alumnado traballa a lectura e a escritura manipulando letras, sílabas, palabras e imaxes, o que facilita a comprensión e a adquisición progresiva do código escrito. Estes materiais permiten adaptar as actividades aos distintos ritmos e niveis, fomentan a autonomía e incrementan a motivación, xa que aprender faise desde a experimentación e o xogo. Ademais, o traballo por estacións promove a participación, a colaboración e o desenvolvemento das competencias lingüisticas dun xeito  dinámico e inclusivo.


estacións de aprendizaxe en 1º ep de bibliotecariomaior riomaior


No hay comentarios:

Publicar un comentario