Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo presenta a campaña de sensibilización ambiental “Paisaxes resilientes contra o lume: O momento é agora!”, unha iniciativa que pon o foco na resiliencia paisaxística como ferramenta clave de prevención fronte aos incendios forestais.
A mensaxe central da campaña é que a prevención non pode fundamentarse unicamente nos medios de extinción, senón na planificación paisaxística e na creación de infraestruturas verdes de autoprotección, capaces de:
- Reducir a probabilidade de ignición.
- Limitar a velocidade e intensidade da propagación.
- Mellorar a seguridade das comunidades.
- E acelerar a recuperación natural post-incendio.
Nos desde o colexio queremos difundir este video para fomentar a prevención, revitalizar o territorio e facelo máis seguro.

No hay comentarios:
Publicar un comentario