Hoxe Paula, a orientadora do centro e Carmen, a directora, ofreceron aos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º unha charla sobre a atención á diversidade. Un enfoque educativo que responde as diferenzas individuais de todos os alumnos, recoñecendo e valorando as súas capacidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, intereses e contextos socioculturais.
Porque todos somos diferentes pero todos necesitámonos, temos que aprender a convivir, a respectar, a dar tempo a adaptarse e apoiarnos.
A continuación deixamos uns vídeos que se proxectaron ao alumnado.


No hay comentarios:
Publicar un comentario