A escola, as nenas e os nenos e a xente nova son un dos puntais do Plan Revitaliza de compostaxe da Deputación de Pontevedra. Difundir a compostaxe entre as e os escolares supón actuar nas escolas para concienciar na necesidade de tratar o lixo de forma sostible e formalos no respecto polo medio.
Este ano non foi posible a xuntanza presencial, pero o equipo Revitaliza valora moi positivamente a colaboración e implicación das persoas e os proxectos dos centros. Fixose unha revisión dos resultados dos 5 anos do programa elaborando un video.
No hay comentarios:
Publicar un comentario