Como sabedes, o Día das Letras Galegas 2020, foi cambiado de fecha, para o 31 de outubro, por mor da pandemia. A mestra de música, Montse, realizou un traballo intercentros co CEIP O Carballal de Marín no que colaborou o mestre de música deste colexio, Victor Alfonso Castro Martínez.
Estes mestres argallaron un videoclip cunha canción creada por eles a partires dun poema de Ricardo Carvalho Calero:
"CALQUER LUGAR E BOM PARA MORRER"
Por mor da pandemia non se puido gravar coas voces do alumnado pero participaron con debuxos que reflicten o contido do poema.
No hay comentarios:
Publicar un comentario