Pouco a pouco outras cousas outros leceres foron ocupando ese tempo. Algúns deixaron de xogar, outros quedaron sin rúas, sen campos para xogar e outros seguen lembrando aqueles xogos. A zapatilla por detrás, a pita cega, o tren, pasa perico pasa monteiro, arrincate nabo, a chave do muiño.......e moitos máis xogos que estan recollidos na enciclopedia dos xogos populares "CHIRLOSMIRLOS" de Antón Cortizas.
¡DON XOÁN DAS CADENETAS !
MANDE VOSTEDE, AMO.
CANTOS BOLOS HAI NO FORNO?
VINTECINCO MÁIS UN QUEIMADO.
QUEN O QUEIMOU?
O BURRO QUE POR AQUÍ PASOU.
CARTEIRO: - HAI CARTA.
TODOS: -E PRA QUEN?
CARTEIRO: NONE DUN COMPAÑEIRO DO XOGO.
TODOS: O QUE LLE DI?
CARTEIRO: QUE DE UN PASO XIGANTE PARA DIANTE
PITA CEGA .QUE PERDICHES?
UNHA AGULLA E UN DEDAL
DÁ TRES VOLTAS QUE OS ATOPARÁS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario