UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

21 oct 2017

PREMIOS GALICONS.-NET



O xoves, a Directora Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, Sol Vázquez, e a Directora técnica da Escola  Galega de Consumo, Patricia Fernández López,  visitaron o noso colexio para entregar un premio no marco do programa de consumo responsable GALICONS-NET  incluido dentro do Plan Proxecta.
Os nenos e nenas de quinto e sexto do curso pasado realizaron o  traballo  chamado "COA COOPERATIVA RIOMAIOR A PUBLICIDADE IRÁ MELLOR",que se desenrolou dentro da cooperativa creada,na que traballaron durante todo o curso. 
Na entrega de premios tamén estiveron:
D.Román Latas Calvo   (Inspector de Educación).
D. Luis Poceiro   (Alcalde de Vilaboa).
Dona Ornella Fernández   (Concelleira de emprego, mar e infraestructuras).
D. Carlos Acuña (Concelleiro de Cultura e Xuventude).
Dona Guadalupe Piñeiro (Pesidenta da ANPA ata o curso pasado)
Dona Mª Carmen Fernández (Secretaria da ANPA actual)









No hay comentarios:

Publicar un comentario