Volvemos participar no Salón do Libro de Pontevedra cun libro colectivo sobre o tema sinalado.
Co título “Crenzas en Cobres” o libro inclúe crenzas, supersticións, amuletos e apócemas que os alumnos e alumnas investigaron nos seus barrios ou crearon eles mesmos.
O resultado foi espectacular!
Despois do traballo pasámolo ben, participando nos obradoiros e gozando dos traballos, expostos no Salón, entre os que se encontraba o noso libro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario