No mes de febreiro, mes do amor, Buli e Buliño propuxéronlles, aos nenos e nenas, crear poemas que tiveran como base o amor e a música.
Todos puxeron a traballar o seu maxín e crearon poesías tan bonitas como esta:
A MÚSICA É …
É unha lingua internacional
que soa sen parar.
É unha frase sen final
que sempre escoitarás.
É un sen fin de sons
cos que tocas unha canción.
É unha maneira de expresar
se sentes dor ou paixón.
É algo xenial
co que poder xogar
É unha maneira de soñar
sen ter que pagar.
É un futuro
para os máis pequenos.
É unha maneira de aprender
nos tempos que están a correr.
É a música.
É unha maneira de falar,
dialogar e non matar.
Amo a música!!
Noemí Fernández (6ºA)
Todos os participantes recibiron bibliopuntos e os gañadores, doces corazóns.
QUE FERMOSAS POESIAS SE ESCOITARON NA BIBLIOTECA O DIA DOS NAMORADOS
ResponderEliminar