Os días 2,3 e 4 de decembro, no Recinto Feiral de Pontevedra, a Feira das Industrias Culturais de Galicia achega ao público as novidades editoriais, o último en música, o glamour do audiovisual, a maxia das artes escénicas e os avances das novas tecnoloxías. Tres días de actividade sen descanso para público de todas as idades e gustos.
Culturgal é o fogar da cultura galega. Unha gran casa construída entre os distintos gremios da cultura: libro, creación audiovisual, artes escénicas, música, deseño, internet e novas tecnoloxías. Un fogar coas portas y ventás abertas sempre á sociedade.
Se queres saber máis e consultar o programa, visita www.culturgal.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario