25 may 2026

EXHIBICIÓN DE ACROSSPORT DE 5º D 6º.


 O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria preparou unha exhibición moi especial de: ACROSSPORT, unha disciplina que vai moito máis alá da ximnasia

.Nesta actividade non importa quen corre máis rápido ou quen salta máis alto; o único segredo é a cooperación, a coordinación e a complicidade. Cada pirámide e cada transición que ides ver é o resultado do esforzo colectivo, onde o corpo convértese en arte.


exhibición ACROSSPORT de bibliotecariomaior riomaior

24 may 2026

DESPEDIMOS A SARA.




 O venres tivemos que despedir a Sara, aínda que estamos un pouco tristes porque se vai, dámoslle darche as grazas por estes meses que estivo con nosotr@s.Grazas pola túa paciencia, polos teus sorrisos cada mañá e por facer que aprender ao teu lado fose tan divertido. En pouco tempo gañácheste un lugar moi especial no noso colexio e nos nosos corazóns. Estamos seguros de que serás unha mestra incrible, porque tes o máis importante: paciencia, cariño e maxia para ensinar. Non te esquezas nunca de Riomaior, porque nós xamais nos esqueceremos de ti.

BOA SORTE!!!!


SARA,ALUMNA DE PRÁCTICAS de bibliotecariomaior riomaior

21 may 2026

3º E 4º PLANTAMOS CASTIÑEIROS.





 Os alumnos e alumnas de  3º e 4ºprotagonizaron unha xornada  no monte local de Paradellas, plantando castiñeiros. Un acto de compromiso real co medio ambiente e coa recuperación do noso bosque.


3º E 4º PLANTARON CARBALLOS de bibliotecariomaior riomaior

VISITA DE 1º E 2º A "GRANXA ESCOLA RIOMOURO"

 

Os alumnos de 1º e 2º de Primaria visitaron a Granxa Escola Riomouro, un recuncho máxico onde a natureza se converte na mellor mestra. Actividade subvencionada pola Deputación de Pontevedra  dentro do programa  "Vive o Rural"O programa ten como finalidade ofrecer aos nenos e nenas  a oportunidade de realizar actividades alternativas de tempo libre, achegarse á realidade das actividades agrícolas e gandeiras e adquirir coñecementos prácticos sobre a produción local, as características dos cultivos presentes na súa zona, a vida dos animais que nela habitan ou o coidado do medio natural, alén de valorizar o sector primario, poñendo sempre en valor o mantemento da biodiversidade do territorio, da paisaxe e da tradición agraria como elemento de identidade da nosa cultura.


GRANXA ESCOLA 1º 2º de bibliotecariomaior riomaior

18 may 2026

MASTER CLASS DE DEBUXO


 Arrincan a Master Class . As nosas profesoras de hoxe, Saray e Noa de 2º de Primaria xa teñen as ceras preparadas para ensinarnos a debuxar como verdadeiros profesionais durante o recreo.

MASTER CLASS: DEBUXO de bibliotecariomaior riomaior

CROSS RIOMAIOR 2026

 


O colexio de Riomaior  celebrou unha nova edición da súa xa tradicional Cros Escolar organizado polo ANPA. Esta xornada, que se converteu nunha das citas máis esperadas do calendario escolar, logrou reunir a alumnos, profesores e familias de colexios de contorna, nun ambiente inigualable de festa, superación e compañeirismo.Entre zancadas, aplausos e moitos sorrisos, o Cross de Riomaior demostrou que, neste colexio, o premio máis importante sempre é participar e crecer xuntos.

CROSS RIOMAIOR 2026 de bibliotecariomaior riomaior