29 ene 2015
30 de xaneiro, día escolar pola paz e a non violencia.
Para conmemorar este día traballamos a figura de Malala Yousazai e elaboramos un mural con datos da súa vida e frases súas nas que destaca o dereito á educación. O mural quedou enmarcado de lapis da paz que todo o alumnado e profesorado encheu con fermosas frases.
Neste día unha alumna de 6º fará unha representación da vida de Malala e todos cantaremos "Apertas que voan".
Dende a biblioteca propoñemos escribir noticias de paz para o noso xornal.
Neste día unha alumna de 6º fará unha representación da vida de Malala e todos cantaremos "Apertas que voan".
Dende a biblioteca propoñemos escribir noticias de paz para o noso xornal.
19 ene 2015
COÑECENDO A DRAGAL
A escritora Elena Gallego Abad, autora da triloxía Dragal, achegouse ata Riomaior para reunirse con algún lectores de 4º e 6º que tiñan curiosidade por coñecer máis a fondo a historia de Dragal.
En primeiro lugar comentou por que empezou a escribir esta historia. “O meu fillo Adrián era moi afeccionado aos libros de dragóns e non había nada escrito en galego; entón pensei escribir algo baseándome en diferentes dragóns e lugares de Galicia. Galicia é moi rica en lendas e tradicións e hai moitas representacións de dragóns”- dixo a autora. Despois engadiu que é unha defensora da cultura e da lingua galega e quere que os lectores descubran a riqueza cultural que temos en Galicia a través dos seus libros.
Elena contounos que está a escribir o 4º volume que se titulará “A estirpe do dragón” e que posiblemente se faga unha película baseada nesta historia que podería ser de ficción ou animación. Tamén dixo que se están a traducir ao castelán e ao inglés a súa triloxía.
O encontro foi moi interesante. Sorprendeunos moito que fose o seu primeiro libro e que defenda tanto a nosa cultura sendo de Teruel.
Foi unha sorte que viñera visitarnos. Graciñas, Elena!
24 nov 2014
"NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS"
A investigación científica é básica para o progreso da sociedade e a lingua galega é útil para facer ciencia
Que o galego serve para transmitir os avances
no coñecemento nas diferentes áreas quedou demostrado coa excelente charla
ofrecida por dúas alumnas do CS de Anatomía Patolóxica e Citoloxía do IES Montecelo. Érika Pérez Rivas e Rebeca Rosales
Iglesias, falaron sobre
“a célula, o estudo celular na Anatomía Patolóxica e as células nai como
alternativa de futuro” aos alumnos do terceiro ciclo do noso centro. Coa súa
interesante e dinámica explicación
conseguiron manter a atención do noso alumnado e mesmo transformalos en
científicos por un día.
Tampouco
quedaron atrás os nosos
alumnos e alumnas de 4º nivel presentándolles aos compañeiros, de 2º e 3º
ciclos, as súas investigacións sobre Newton, Arquímedes, as súas leis, descubrimentos, e facendo uns excelentes experimentos para demostralo todo.
Foron unhas auténticas conferencias de
científicas e científicos!
25 oct 2014
Día da biblioteca en Riomaior
O 24 de outubro celebramos o
"Día da biblioteca" coa representación dos libros: "Vaia
invento!" e "A marabillosa medicina de George".
A biblioteca
presentaba un novo aspecto decorada acorde co novo proxecto do centro
"Riomaior, experiencia única". Buli, investigando no
"Laboratorio da palabra"; a CDU formando parte da Galaxia de Riomaior
e os actores, coma sempre, causando sensación!
Dende hoxe a nosa biblioteca reabre as súas portas. Estades convidados a pasalo de luxo.
2 oct 2014
NOVO AGASALLO DO PROFESOR MIGUEL ANXO MOURIÑO
Unha vez máis o noso benquerido profesor, Miguel Anxo Mouriño, enviounos un agasallo. Trátase do libro de poesía "Poemas da Mariña" que dedicou á súa neta, Mariña.
Dende hoxe loce na vitrina co resto da súa obra. Moitas grazas por non esquecernos.
30 sept 2014
22 sept 2014
BENVIDA DE BULI AO CURSO 2014-2015
Ola, nenos e nenas!!! Xa estou aquí. Un curso novo. Este ano imos traballar arredor das ciencias, vai ser “matemático” !
A nosa galaxia “Riomaior” ten como estrela principal a “FANTASÍA”, que é a nosa biblioteca. Arredor dela van xirar todo tipo de astros que vós ides crear. Poñede en marcha as vosas neuronas e enchede de seres e corpos celestes a galaxia.
Biquiños e apertas para todos e todas e... Benvidos e benvidas!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







